Noticias

Noticias e eventos relacionados coa Tropaverde

20

Outubro

  • 20 Outubro 2021
En total hai máis de 38.500 especies en perigo de extinción

En total hai máis de 38.500 especies en perigo de extinción

Segundo a última actualización da Unión Internacional para a Conservación da Natureza, o 28% do total das especies avaliadas están ameazadas. Os anfibios, as quenllas e as raias cóntanse entre os máis afectados.  

Ver máis

20

Outubro

  • 20 Outubro 2021
Un 90% do lixo electrónico son partes reciclables

Un 90% do lixo electrónico son partes reciclables

Xeramos máis de 50 millóns de toneladas de residuos electrónicos por ano. Debemos reducir esta cifra, co obxectivo de coidar o ambiente e a nosa saúde.


Ver máis

15

Outubro

  • 15 Outubro 2021
A que non imaxinas canto contamina a túa comida?

A que non imaxinas canto contamina a túa comida?

A produción de alimentos é responsable da xeración de 1/3 do total global das emisións de gases de efecto invernadoiro. Estas son as conclusións ás que chegou un equipo internacional de científicos, quen estimou que o CO2 que emite o sector alimentario cada ano sitúase nos 17.318 millóns de toneladas métricas. 

Ver máis

14

Outubro

  • 14 Outubro 2021
O quecemento dispara as pragas: os insectos reprodúcense máis

O quecemento dispara as pragas: os insectos reprodúcense máis

O clima está a cambiar en todos os recunchos do planeta a unha escala sen precedentes desde hai décadas, provocando cambios que serán irreversibles durante centos de miles de anos. Un exemplo destes efectos está na propagación de pragas cada vez máis destrutivas. Pero de que maneira afecta a situación ambiental á proliferación de pragas de insectos?

Ver máis

13

Outubro

  • 13 Outubro 2021
As películas sobre o cambio climático que nos fan reflexionar

As películas sobre o cambio climático que nos fan reflexionar

O Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático, organización dependente das Nacións Unidas e da Organización Meteorolóxica Mundial e que vén realizando investigacións sobre o tema desde 1988, publicou recentemente o seu último estudo no que alerta de que o Cambio Climático é xeneralizado e que o seu avance é rápido e cada vez máis intenso.


 Unha confirmación máis do consenso científico global sobre o cambio climático e os seus efectos devastadores sobre o medio ambiente e sobre a vida no planeta. Unha nova chamada á acción para reducir drasticamente as nosas emisións de CO2 e doutros gases de efecto invernadoiro. 

Ver máis

12

Outubro

  • 12 Outubro 2021
Estamos a consumir peixe contaminado polos residuos electrónicos que enviamos a África

Estamos a consumir peixe contaminado polos residuos electrónicos que enviamos a África

Quen non ten un móbil, unha tableta e, mesmo, un coche eléctrico? Quen non se queixa cando os seus aparellos electrónicos comezan a cargar peor e a diminuír a durabilidade das súas baterías? Cada canto tempo cambiamos os nosos dispositivos electrónicos?

Pero quen sabe como e de onde proceden os materiais necesarios para fabricar esas baterías? Quen sabe que pasa cos dispositivos que tiramos?

Ver máis

8

Outubro

  • 8 Outubro 2021
Denuncian o «devastador impacto» da gandería industrial sobre o planeta

Denuncian o «devastador impacto» da gandería industrial sobre o planeta

A carne é barata nos supermercados, pero o dano ao clima, aos animais, á saúde e aos granxeiros é inmenso. Os expertos piden un cambio de rumbo, consideran indispensable unha drástica rebaixa do consumo. O ‘Atlas mundial da carne’ deste ano afirma: o impacto da gandería industrial sobre o medio ambiente está a ser devastador. É un dos principais responsables da crise climática.


É a principal conclusión do Atlas, elaborado a Fundación  Heinrich  Böll, as organizacións ecoloxistas BUND e Amigos da Terra Europa e a revista ‘Le Monde Diplomatique’, con apoio financeiro da Unión Europea (UE).

Ver máis

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando