Xullo sen plástico: de que se trata esta iniciativa que toma forza?

Coñeces o impacto do plástico na nosa vida? Esta iniciativa que propón ‘ desplastificarnos’ nun mes busca  conciencizar sobre o uso do plástico.
Súmate a #Xullosenplástico nas redes sociais da Tropaverde... Ten premio!!

A8d0886f324b6f00fe20cf67d9d6bd1fcca951a6
Adaptación traducida ao galego dende Vogue. Consulta aquí o orixinal. 

Podes imaxinar unha vida libre de plástico? Se sintes o impulso pero paréceche demasiado eliminar todo o plástico da túa vida da noite para a mañá, a iniciativa xullo sen plástico é unha boa maneira de dar o primeiro paso. O momento de asumir o noso compromiso co  medioambiente eliminando o plástico das nosas vidas é agora e cada vez temos máis recursos para facelo.

É momento de tomar acción e dicirlle finalmente: non ao plástico! Pero, sabes por que debemos evitalo? Aínda que este material é un dos máis resistentes que existen, é tamén o que máis tempo tarda en degradarse e desaparecer da Terra. A sobreproducción de produtos feitos en plástico, especialmente aqueles deseñados para un só uso ou descartables, fan que non se chegue a reciclar e a recuperar a cantidade de plástico que se produce inicialmente. A maioría termina en entulleiras na terra ou descartado na auga, prexudicando o equilibrio dos ecosistemas e da biodiversidade que a habita. A medida que pasa o tempo e vaise degradando libéranse miles de partículas de  microplásticos no ambiente, partículas que se atoparon en superficies inhóspitas, como os glaciares no ártico ata a placenta de mulleres embarazadas.


Reducir a cero o uso de plástico hoxe en día é unha necesidade, e se isto non é posible o mellor é buscar alternativas sostibles para ir eliminándoo cada vez máis das nosas vidas, por que sen dúbidas o plástico rodéanos. 

Que é xullo sen plástico?

Xullo sen plástico ( Plastic Free July) é unha iniciativa creada para  concienciar acerca da relación que temos co plástico na nosa vida que busca reducir o seu uso propoñendo alternativas sustentables como substitución. Esta plataforma acompaña a quen está na procura de cambiar hábitos provéndoos de recursos e ideas para reducir o uso de plásticos dun só uso, ou descartables, na vida diaria e cotiá, así como no traballo, a escola ou nas mesmas tendas. A campaña creada por Rebecca  Prince-Ruiz en 2011 en Australia a través da Fundación  Plastic  Free, é unha das iniciativas con maior aceptación e compromiso ao longo do mundo.

O concepto é simple, trátase de recoñecer aqueles obxectos ou elementos que están feitos de plástico, e evitar o seu consumo, especialmente cando sabemos que a súa vida útil soamente durará - como moito - unhas horas antes de ser descartado.

Cal é a importancia de que exista esta iniciativa de xullo sen plástico?

Hoxe en día millóns de persoas ao redor do mundo están a tomar acción para eliminar o plástico das súas vidas, uníndose á iniciativa de  Plastic Free July. Estímase que ao redor de 326 millóns de persoas uníronse ao último desafío da plataforma desde 117 países, sumándose aos que a realizan a través de plataformas locais que  replican á orixinal. A importancia de que exista esta iniciativa está nos datos que se obteñen a partir dos resultados de impacto que logran ser medidos desde as diferentes accións. Púidose ver así que os refugallos plásticos do fogar reducíronse un 5% por persoa, ao redor de 21 quilos menos de refugallos por persoa, o que fai un total de 940 millóns de quilos de plástico menos que se descartan ao ano.

De que maneira podemos reducir o noso uso de plástico?

Estas con algunhas accións que podemos facer para reducir o noso uso de plástico, especialmente aqueles de un só uso:

  1. Identificar todos os espazos ou momentos nos cales recorremos ao plástico descartable para poder substituílos.
  2. Utiliza botellas e cuncas reutilizables, que poidas encher. A maioría das tendas de café estarán encantadas de servirche na túa cunca persoal.
  3. Leva sempre contigo bolsas reutilizables para facer as túas compras ou pídeas, evitando así as bolsas plásticas.
  4. Á hora de falar de produtos de beleza, as mellores alternativas están nos produtos de beleza sustentable, que ademais de usar ingredientes naturais libres de  microplásticos, contan con empaquetados reciclables ou formatos en barra.
  5. Garda os teus alimentos en envoltorios de tea. Os que están feitos con cera de abellas están pensados especialmente para iso.
  6. Converte a túa hixiene  menstrual nunha máis ecolóxica, elixindo alternativas reutilizables.
  7. Á hora de falar de hixiene dental, cada vez son máis as alternativas de cepillos dentais feitos de bambú, e as pastillas dentais son a alternativa máis ecolóxica de limpeza bucal.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando