Tropaverde participou na media maratón solidaria de Vilagarcía

VII Media maratón solidaria Zona Aberta, a favor de Cáritas Interparroquial en Vilagarcía de Arousa Co reparto de bolsas reutilizables, cheques...e sorteos!!

D066ebc632f17071b28c57f84011dd382bd827ea

O pasado 25 de novembro celebrouse en Vilagarcía a media maratón solidaria Zona Aberta, a favor de cáritas Interparroquial, onde Tropaverde colaborou con reparto de bolsas reutilizables, chapas, cheques....e sorteos!!

Tropaverde participou cun stand propio onde repartíronse bolsas reutilizables con deseño de Tropa Verde aos que se inscriban coma usuarios. Durante o reparto, tamén se entregaron chapas, flyers con información e estrelas (para acumular e trocar por gasallos e descontos) e aproveitouse para informar das vantaxes que ten formar parte da comunidade Tropa Verde, así coma a participación "in situ" no sorteo de paraugas.

O reparto de bolsas para a compra pretende diminuír o consumo de plásticos e concienciar sobre a entrada en vigor do Real Decreto que incorporará ao ordenamento xurídico español a directiva europea 2015/720 para reducir o consumo de bolsas de plástico en toda a UE, onde as tendas estarán obrigadas desde 2018 a cobrar 5 e 30 céntimos pola bolsa de plástico.

Tropaverde

Tropa Verde é unha iniciativa, a través da cal os cidadáns recibirán premios por depositar os seus residuos no Punto Limpo, en varios locais que actúan como colectores de pilas, ou na sede de Cáritas (recollida de roupa, calzado e complementos). Deberán rexistrarse en  https://vilagarcia.tropaverde.org/  e con cada entrega, recibirán puntos que posteriormente poderán trocar por agasallos ou descontos nos vinte comercios que participan no programa.

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando