Tropaconsellos para coidar da nosa contorna en verán

Para facer as nosas vacacións máis sustentables e respectuosas


C141f3cd85abb33147aee959189b1930bfc447ed
As vacacións xa están moi preto e son momentos de desconexión, descanso e diversión. E isto significa cambiar de hábitos por uns días, pero non debemos descoidar no verán osbos hábitos adquiridos durante o ano.

Para facer as nosas vacacións máis sustentables e respectuosas, dende Tropa Verde queremos animarvos a coidar do noso planeta mediante uns  tropaconsellos para coidar da nosa contorna en verán. Porque recordemos que o medio ambiente non se vai de vacacións.

Na praia 

Os municipios costeiros dobran e mesmo triplican a súa poboación. É moi importante que todos colaboremos para manter as contornas limpas e libres de residuos.  Se vas á praia, lembra non deixar tirado o lixo na area, os residuos poderían acabar no mar prexudicando a todo tipo de vida mariña. Recolle todos os teus refugallos e depositaos no contedor cando volvas a casa.

Na montaña

España é o país da Unión Europea que máis se ve afectado polos incendios forestais, e a maior parte deles son ocasionados polo ser humano. Evita fumar e non arroxes cabichas, mistos, vidro ou calquera outro material combustible susceptible de prender. Poden dar lugar a un incendio incontrolado e prexudicar gravemente a biodiversidade. 

Fóra da nosa cidade  (viaxes, festivais...)

Como cidadáns temos unha importante responsabilidade e o noso compromiso co medio ambiente non só limítase aos nosos fogares e cidades. Por iso, aproveita estes eventos para seguir coidando a contorna e inculcar nos demais a importancia de manter os espazos limpos e libres de residuos.

Alá onde vaias, respecta o medio que che rodea.

Tropaconsellos para coidar da nosa contorna en verán

1. Aínda que sexa verán, continúa cos teus hábitos de reciclaxe
2. Practica o ecoturismo
3. Emprega climatizadores que sexan o máis eficientes posibles
4. Usa bolsas reutilizables
5. No verán bebe moita auga pero non a malgastes
6. Utiliza transporte público ou bicicleta para desprazarte
7. Non deixes botellas de vidro por que poderían provocar un incendio
8. Non deixes lixo cando vaias á praia ou á montaña
9. Non fagas fogueiras en lugares que non estean autorizados
10. Comparte estos consellos cos teus amigos
Voltar o listado