Tropa Verde renova por un ano máis en Vilagarcía
Tropa Verde seguirá un ano máis en Vilagarcía. Os bos resultados da xestión residual fan que o concello de Vilagarcía renove un ano máis ca empresa responsable do servizo. O proxecto centrarase este ano na educación ambiental nos centros escolares.
O obxectivo principal é concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe e da correcta xestión dos residuos, ao mesmo tempo que se tenta potenciar o comercio local. Para formar parte da Tropa Verde é preciso inscribirse a través da web tropaverde.org.
Formas de obter regalos
O sistema é sinxelo. Cando un usuario deposita os seus residuos no punto limpo de Piñeiral do Rei ou os seus aparellos electrónicos domésticos nos baixos do auditorio reciben un código que, introducido na web www.tropaverde.org, suma puntos estrela na súa conta, que logo se poden cambiar por agasallos directos e descontos. Tamén os usuarios da compostaxe individual reciben puntos ao recoller o seu estructurante. Quen use os contedores, incluídos os de recollida de roupa de Cáritas, pode enviar unha foto a info@tropaverde.org. Finalmente, o bo uso do servizo municipal de recollida de voluminosos dar dereito a trinta estrelas.