Semana europea da prevención de residuos: do 21 ao 29 de novembro de 2020

Para esta 12ª edición, o tema elexido é o dos residuos invisibles, é dicir, aqueles que están fóra da vista da maioría de nós porque se xeran durante afabricación dos produtos.

577fdc57e4c4991fe716099eadb3d2833e37ca37
Semana Europea da Prevención de Residuos (EWWR, polas súas siglas en inglés) celébrase este ano do 21 ao 29 de novembro, tendo como eixo temático aos residuos invisibles. Os residuos invisibles son aqueles que están fóra da vista da maioría de nós porque se xeran durante a fabricación dos produtos. Este tema pon de relevo a necesidade de previr os residuos ao longo do ciclo de vida dun produto, desafiando aos participantes para facer visibles os residuos invisibles e a coñecer o «peso real» que levan a casa despois dunha compra.

Durante esta semana, levaranse a cabo máis de 10.600 accións relacionadas coa redución de residuos, a reutilización de produtos, a reciclaxe de materiais, así como a limpeza en 32 países de Europa e tamén de fóra do continente. A ampla participación de diversos colectivos (administracións públicas, empresas, ONG e ciddanía) a nivel rexional, nacional e internacional convertiu á Semana Europea da Prevención de  Residuos nunha das principais campañas internacionais para promover a redución dos residuos mediante accións de sensibilización e conseguir cambiar os patróns de consumo e os hábitos de xeración de residuos para alcanzar os obxectivos en materia de residuos e clima.

Esta edición da Semana Europea da Prevención de Residuos chega nun momento de crise e incerteza sen precedentes que tamén afectou ao sector dos residuos. Porén, a devandita crise  deixou moi claro que a saúde das persoas e a saúde do noso planeta están estreitamente interrelacionadas. Así, unha vez máis, a iniciativa recibiu tamén este ano un apoio enorme e mobilizou a miles de persoas que atoparon formas creativas de concienciar á xente lonxe das multitudes.

Nesta ligazón poderás atopar as iniciativas que se desenvolverán este ano en España con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos. Escolle a túa e únete!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando