Santiago exporta o proxecto Tropa Verde á cidade portuguesa de Guimarães

Dentro do marco do programa europeo URBACT de intercambio e aprendizaxe para o desenvolvemento urbano sostible e integrado

8f843aecd7865a3e08af2470c3f537a2e749c05c
O proxecto Tropa Verde bota a andar na cidade de Guimarães, no marco do programa europeo URBACT de intercambio e aprendizaxe para o desenvolvemento urbano sostible e integrado. Nestes días estanse a celebrar na cidade portuguesa as primeiras sesións de traballo da rede de transferencia liderada por Santiago.

Tropa Verde foi un dos 23 proxectos seleccionados para o programa URBACT, e deste xeito Santiago segue liderando unha das redes de transferencia europeas a través do proxecto impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia en colaboración coa empresa Teimas Desenvolvemento. Á iniciativa sumáronse as cidades de Budapest (Hungría), Dimos Pavlou Mela (Grecia), Guimaraes (Portugal), Niza (Francia) e os 20 municipios que conforman a Opole Agglomeration (Polonia). O período de transferencia de aprendizaxe entre os socios da rede estímase en 18 meses.

Os socios parceiros da rede de transferencia están a traballar nestes días en Guimaraes, coñecendo o funcionamento da Tropa Verde en Santiago, onde xa ten adheridas máis de 3.300 persoas que están a obter agasallos por manteren boas prácticas ambientais.

Vía: Concello de Santiago
Voltar o listado