Sae ao mercado un filtro de microplásticos para lavadoras

Só o lavado de roupa xera cada ano preto de medio millón de toneladas de microfibras de plástico que termina nos océanos. Segundo o programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente ( UNEP), esta cantidade equivale a tirar ao océano 3.000 millóns de camisetas de poliéster ao ano.

6201e1af82ea26e18342e0d5cb91899447b126e2
O fabricante sueco de electrodomésticos, Electrolux, acaba de lanzar ao mercado un filtro que se conecta á lavadora e serve para evitar que os microplásticos producidos durante a coada terminen contaminando o medio ambiente.

Está demostrado que o lavado de roupa xera, polo desprendemento de micro fibras das pezas sintéticas, sobre todo de poliéster, numerosos microplásticos que se van polo desaugadoiro. Concretamente, a cantidade de microplásticos vertida é a equivalente á necesaria para producir dúas bolsas de plástico por fogar ao ano. Para evitalo, a empresa lanzou un novo filtro de microplásticos para lavadoras. Con este produto, aseguran que se pode evitar a vertedura de ata o 90% das fibras de microplástico superiores a 45 micróns.

Só o lavado de roupa xera cada ano preto de medio millón de toneladas de microfibras de plástico que termina nos océanos. Segundo o programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP), esta cantidade equivale a tirar ao océano 3.000 millóns de camisetas de poliéster ao ano.

Sobre o novo filtro para microplásticos 

O novo filtro para microplásticos, que está fabricado con ata un 50% de plástico reciclado; conta cun cartucho cunha fina malla filtrante que captura as fibras de microplástico a medida que se liberan no proceso de lavado. Cando o filtro se enche e require ser limpado, os usuarios poden deixar as fibras de microplástico capturadas no sistema de recolección de residuos doméstico. O novo filtro funciona fixado na parede e conectado coas lavadoras. Polo momento, o dispositivo é compatible só con determinadas marcas.

Segundo un informe da empresa ‘The Truth About Laundry Microplastic Edition‘, o 94% dos usuarios descoñecen a cantidade de plástico que hai na roupa. Ademais, o 68% dos europeos tampouco sabe que o nailon é unha fibra de plástico; e o 62%, que tamén o é o poliéster, a fibra máis utilizada no mundo.

Parte do problema, segundo Sarah Schaefer, VP de Sustentabilidade, é a falta de conciencia do que significa «sintético». Afixémonos tanto á frase ‘material sintético’ que moitos de nós perdemos de vista o feito de que a maioría destes materiais sintéticos son en realidade plásticos, explica.

Neste sentido, Schaefer argumenta que a súa investigación pon de manifesto que existe unha necesidade urxente de axudar ás persoas para saber máis sobre os materiais que están a comprar e a mellor maneira de coidalos; ademais de alentar a tantas persoas como sexa posible a adoptar prácticas de lavado máis positivas para o medio ambiente.

Dar pequenos pasos, como a instalación dun filtro de microplástico en cada fogar; pode contribuír a reducir o impacto ambiental dos téxtiles.

Como referente na fabricación de electrodomésticos, a compañía sueca foi recoñecida polas súas prácticas ambientais con numerosos premios. É o caso da dobre A para a acción climática e da auga que outorga a ONG CDP.

Artigo traducido ao galego dende Mundoplast. Consulta aquí o orixinal.
Foto: Pexels

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando