Restauración. Terras. Recuperación. Día de Loita contra a Desertificación e a Seca

O Día de Loita contra a  Desertificación e a Seca de 2021 céntrase na transformación das terras degradadas en terras sas. De aí o seu título: "Restauración. Terras. Recuperación". 


A restauración das terras degradadas contribúe á  resiliencia económica, á creación de emprego, ao aumento dos ingresos e a unha maior seguridade alimentaria; axuda a recuperar a biodiversidade; permite capturar o carbono atmosférico que quenta a Terra, diminuíndo así o efecto do cambio climático; e favorece unha recuperación verde da pandemia de COVID-19, xa que a restauración das paisaxes naturais reduce o contacto directo entre a vida silvestre e os asentamentos humanos, o que crea unha barreira natural contra as  zoonosis. 

7a7c66711d77a992e25d8df747f12325776baa1f
Artigo traducido ao galego dende un.org. Consulta o artigo completo aquí.

Ao redor de tres cuartos da terra do planeta, que non está cuberta de xeo, foi alterada polo ser humano para satisfacer a crecente demanda de alimentos, materias primas, estradas e fogares. Nestes momentos, evitar, retardar e reverter a perda de terra produtiva e de ecosistemas naturais é tanto urxente como esencial para lograr unha rápida recuperación da pandemia e garantir a supervivencia a longo prazo das persoas e o planeta.

Os compromisos actuais de máis dun centenar de países, xa acordados con motivo do comezo do Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración dos Ecosistemas, concretan a restauración de preto de 800 millóns de hectáreas-comparable en tamaño á superficie de China- ao longo dos próximos 10 anos. Se restauramos esas terras, podemos conseguir enormes beneficios para as persoas e o planeta.

Cando a Terra nos pide axuda

A  desertificación é a degradación da terra nas zonas áridas, semiáridas e  subhúmedas secas. Está causada fundamentalmente pola actividade humana e as variacións climáticas. Este proceso non fai referencia ao avance dos desertos existentes. A  desertificación débese á vulnerabilidade dos ecosistemas de zonas secas, que cobren un terzo da superficie do planeta, á sobrexplotación e o uso inadecuado da terra. A pobreza, a inestabilidade política, a deforestación, o sobrepastoreo e as malas prácticas de rega afectan negativamente á produtividade do chan.

Cada 17 de xuño celebramos o Día Mundial para Combater a  Desertificación e a Seca co fin de concienciar acerca das iniciativas internacionais para combater estes fenómenos. Esta data bríndanos unha oportunidade única para lembrar que se pode neutralizar a degradación das terras mediante a procura de solucións, cunha firme participación da comunidade e cooperación a todos os niveis.

A materia require unha importante atención aínda máis especial nestes tempos. Cando a terra se degrada e deixa de ser produtiva, os espazos naturais deterióranse e transfórmanse. Polo tanto, as emisións de gases de efecto invernadoiro aumentan e a biodiversidade diminúe. Tamén supón a existencia de menos espazos silvestres que  amortigüen as zoonosis, como a COVID-19, e protéxannos de fenómenos climáticos extremos, como as secas, as inundacións e as tormentas de area e po. 

É por este motivo que a  CNULD fai un chamamento a todos os membros da comunidade mundial para que traten a terra como un capital natural prezado e limitado, dean prioridade á súa saúde durante a recuperación da pandemia e se esforcen ao máximo co fin de restaurar a terra. Tod@s temos unha función que cumprir porque o futuro aféctanos a tod@s.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando