Remate da campaña APRENDE COA TROPAVERDE!

Con motivo da conmemoración da renovación da Tropaverde Vilagarcía, o Concello de Vilagarcía de Arousa xunto cos responsables da Torpaverde deseñaron xornadas de charlas en 4 centros educativos do Concello

518dd704295b119fde080f46bb0eb1721224e001
Na campaña "Aprende coa Tropaverde" participaron rapaces e rapazas de 2º e 3º de primaria de 4 centros educativos do Concello de Vilagarcía :  CEE Vilagarcía, CEIP A Escardia, CEIP A Lomba e o CEIP Vilaxoán cuxa  finalidade foi incentivar a responsabilidade ambiental nos rapaces e rapazas da cidade de Vilagarcia de Arousa, así como nas súas familias, contribuíndo así á redución dos residuos e optimizando a xestión destes.

Sensibilizar e concienciar á sociedade sobre prevención de residuos, reutilización de produtos e a reciclaxe de materiais, dar a coñecer a iniciativa Tropaverde, con agasallos de chapas,  flyers e cheques da Tropaverde con 10 estrelas.

Nestas charlas fíxose fincapé na idea de que o coidado da natureza e os seus recursos é cousa e causa de todos, na  importancia do coidado da contorna e na regra fundamental da ecoloxía das 3Rs. As charlas tamén tiveron un obxectivo de diminución de residuos, sobre a necesidade de limitar o uso de embalaxes "porque o mellor residuo é o que non se produce".

Un propósito fundamental da Tropaverde é a educación ambiental, o que pretendemos é lograr que tanto os individuos como as colectividades comprendan a natureza complexa do medio ambiente (resultante da interacción dos seus diferentes aspectos: físicos, biolóxicos, sociais, culturais, económicos, etc.) e adquiran os coñecementos, os valores e as habilidades prácticas para participar responsable e eficazmente na prevención e solución dos problemas ambientais e na xestión da calidade do medio ambiente.

Por tanto, a educación ambiental, máis que limitarse a un aspecto concreto do proceso educativo, debe converterse nunha base para elaborar un novo estilo de vida. Ha de ser unha práctica educativa aberta á vida social para que os membros da sociedade participen, segundo as súas posibilidades, na tarefa complexa e solidaria de mellorar as relacións entre a humanidade e o seu medio. Destes fundamentos parten as iniciativas da Tropa Verde.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando