Que podemos facer nós. Día Mundial das Abellas, 20 de maio

polinización das flores é vital para a nosa alimentación e para a biodiversidade, pero as abellas, unhas das principais encargadas desta misión, están a desaparecer. O 75% dos alimentos que consumimos dependen da polinización O 37% das poboacións de abellas en Europa están en declive +2,4 millóns € é o valor económico do labor de polinización das abellas para a agricultura española. 

61897f3d0292f5797feb7f23eccc7acc08fbcdb9

Traducción ao galego do artigo orixinal de Greenpeace España.

O problema 

As abellas son moito máis importantes do que pensamos. A produción de alimentos a nivel mundial e a biodiversidade terrestre dependen en gran medida da polinización, un proceso natural que permite que se fecunden as flores e dean así froitos e sementes. As abellas, e outros insectos como bolboretas e abellóns, son uns dos grandes responsables deste proceso e, con todo, as súas poboacións están a diminuír a pasos de xigante. Entre os factores que ameazan aos polinizadores están: 
- A perda e deterioración de hábitats. 
- As prácticas da agricultura industrializada, como os monocultivos (menor dispoñibilidade e diversidade de alimento para estes insectos) e o uso de praguicidas. 
- Parasitos e enfermidades. 
- Especies vexetais e animais invasoras. 
- Os impactos do cambio climático. 

Calculouse que o valor económico do labor de polinización das abellas e outros polinizadores para a agricultura é duns 265.000 millóns de euros anuais en todo o mundo, 22.000 millóns para Europa e máis de 2.400 millóns de euros para España, recentemente calculado por Greenpeace no seu informe “Alimentos baixo ameaza”. Así pois, mesmo desde un punto de vista puramente económico, merece a pena protexer ás abellas. As cifras do problema que sofren os polinizadores son contundentes. O informe da Plataforma Intergobernamental sobre Biodiversidade e Servizos dos Ecosistemas ( IPBES, polas súas siglas en inglés) advirte que o 40% dos polinizadores invertebrados, en particular abellas e bolboretas, enfróntanse á extinción. Dinos ademais que en Europa o 37% das poboacións de abellas están a diminuír, un claro exemplo de que o modelo agroalimentario predominante está a levarnos a un canellón sen saída. 


 A solución 

A curto prazo, o primeiro paso é prohibir os produtos tóxicos para as abellas actualmente en uso, e facer que a avaliación de riscos dos praguicidas sexa moito máis estrita. Doutra banda, deben poñerse en marcha plans integrais de acción para salvar ás abellas. E a solución definitiva é a adopción da agricultura ecolóxica como única vía para unha produción de alimentos respectuosa con todos os habitantes do planeta. A agricultura ecolóxica garante unha produción sa e sostible, xa que protexe o chan, a auga e o clima, promove a biodiversidade, non contamina o medioambiente con agroquímicos nin transxénicos e respecta a saúde das persoas. Este cambio pódeo iniciar a clase política, apostando por un modelo de agricultura ecolóxica e lexislando en consonancia; os agricultores e agricultoras, cambiando as súas prácticas de cultivo; e as empresas, desenvolvendo liñas de produtos e técnicas ecolóxicas. E, por suposto, tamén persoas como ti, demandando e consumindo produtos ecolóxicos e locais.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando