Propostas para reducir o consumo de plástico e evitar a produción de residuos plásticos

A continuación mostrámosvos unha serie de ideas para reducir o consumo de plástico diario

3b422c0ddf37d601fa9dc6b8ba3dca4a1e7624ea
Evitar comprar/usar botellas de plástico ou briks e substituílas por vidro ou outro material retornable. Beber auga da billa e non embotellada. Pedir nos establecementos que se sirva en xerra ou vaso auga da billa.

Fomentar sistemas de depósito, devolución e retorno. Ecodeseño. Prevención de residuos.

Reutilizar envases e optar por envases sen plástico (p. exemplo papel).

Nas compras empregar carro, cesta ou bolsas reutilizables / levar a túa propia bolsa de tea ou a que che ofreceran no establecemento con anterioridade.

Canda a compra de froitas e verduras reutilizar as bolsas lixeiras pequenas que che deran antes; hai que conseguir que cando menos estas sexan compostables.

Esquecerse de usar canudos para sorber bebidas.

Sorbetes mellor en cucurucho ca en recipientes dun só uso.

Compra produtos empaquetados/embalados con cartón en lugar de plástico.

Fomenta a compra a granel sempre que se poida (froitas, verduras, legumes, cereais, pasta, arroz, froitos secos, etc.) e levar o teu propio envase/recipiente.

Evitar o uso de envoltorios e bandexas plásticas (p. ex.: os ovos mellor en recipientes de cartón).

Usar friameiras de vidro ou metal.

Non usar envases monodose nin cápsulas dun só uso non reciclables (p. ex. de café, deterxentes,etc.).

Evitar os produtos dun só uso (pratos, vasos, cubertos de mesa, barbeadoreas/rasuradoras/depiladoras, etc.).

Non consumir goma de mascar.

Non usar film de plástico.

Usa pinzas de madeira para tender a roupa.

Os biberóns mellor de vidro.

Escoller cueiros/compresas de materiais comprometidos coa minimización de impacto no medio ambiente.

Evitar o uso de cosméticos, sobre todo aqueles con microesferas de plástico; substituílos por aqueles con compoñentes como arxila, cascas de froitos secos, sementes, etc.

Comprar xoguetes de madeira, tea ou látex e caucho natural; tamén se pode acudir ao mercado de segunda man par evitar envoltorios e embalaxes.

Usar chisqueiros de metal recargables.

Existen cepillos de dentes e para o cabelo de bambú ou madeira, con pelos naturais.

Tamén hai fío dental de fibra natural recuberto con cera de abella (evitar o nylon e o teflón).

Non usar tixolas con teflón como antiadherente (existen outros produtos substitutivos respectuosos co medio).

Usar produtos que na súa composición non empreguen nin siliconas nin petróleo nin os seus derivados. Le as etiquetas con atención e escolle aqueles con produtos naturais como por exemplo extractos de plantas.

Evitar os globos en festas/celebracións e non repartir bolsas de lambetadas; mellor a granel sen envoltorios.

Optar por tecidos naturais.

Plásticos de uso agrícola: abordar como atallalos (xestión correcta, segregada e limpa, reciclaxe, compostaxe, biodegradabilidade, substitución por papel en casos como os das malas herbas, etc.).

Ser proactivo e optimista na túa actitude fronte a esta problemática. Rexeitar o hábito de usar e tirar.

Esixencia de prescricións/obxectivos ambientais nos concursos de empresas de restauración e catering.

Participar en actos/campañas de limpeza comunitaria para concienciar. Campañas informativas e de sensibilización para a redución de uso de bolsas de plástico, prevención de residuos, festas e eventos sustentables, concursos e premios (fomenta-la creatividade), ReciclApp, webEuNonOTiro (compra/venda, cambio/troco), etc.

Limpar, recuperar e rexenerar os espazos degradados e a rexeneración dos solos.

Vía: Universidade de Vigo
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando