Porque a primeira R é a redución. Recreos Residuos Cero

Teachers for Future Spain desenvolve esta iniciativa expondo aos centros docentes o reto de reducir os residuos dos recreos usando envases reutilizables como fiambreiras, bolsas portabocadillos e cantimploras así como fomentando o consumo de froita fresca. 

19badaa6fe372e9f77754016666e0a8654ea89c0
"Dende Teachers  For  Future  Spain ( Profes polo futuro) consideramos fundamental a  ecoalfabetización, a educación para a sustentabilidade, dentro do ensino regrado, dunha maneira transversal, pero non atendendo a ela como días ou datas sinaladas, senón atravesando o currículo de arriba abaixo(...) Consideramos que conceptos como cambio climático, pegada de carbono, pegada hídrica, impacto ambiental, refuxiados climáticos,  apátridas, responsabilidade humana, etc, non poden seguir sendo ignorados e debe outorgárselle a importancia acorde á situación.". Así se define este colectivo nunha recente entrevista da Revista Ecologistas en Acción.


Recreos Residuos Cero

A primeira « R» da ecoloxía é a REDUCIÓN e os docentes teñen un papel importante incentivando a redución de residuo dunha forma sinxela entre o alumnado.
Por segundo ano, desde  Teachers for  Future Spain, convídanvos a participar no programa  «RECREOS RESIDUOS CERO«. que consiste en motivar ao alumnado para que nos seus xantares ou merendas non haxa residuo, ou polo menos, o mínimo posible. Para iso deberán usar envases  retornables como fiambreiras para sólidos e  cantimploras para a auga a fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso como plásticos, papel de aluminio, etc.

Rexistro no programa

O programa vai dirixido a todos os centros nos que se imparten ensinos, de calquera modalidade e calquera nivel educativo.
Flexibilidade máxima tamén á hora de participar : pódese rexistrar desde un só profesor coa súa titoría ou un ciclo… ata o centro completo. O mapa de centros participantes 2020/2021 pódese consultar premendo aquí.


Por onde empezar?

0. ANTES DE EMPEZAR 
Dispoñer de contedores diferenciados para :
1. Envases
2. Papel e cartón
3. Orgánico
4. Residuos non reciclable

1. CONTAR COAS FAMILIAS
● Implicar á Asociación de Nais e Pais do centro
● Informar de maneira positiva sen presentar o tema como unha complicación para eles ou unha restrición e destacando o beneficio para todos (circular informativa e en reunións xerais de inicio de curso coas familias ).

2. VISUALIZAR O PROBLEMA DA XERACIÓN DE  RESÍDUOS
● Expoñer nun lugar visible o lixo xerado no recreo durante a(s) primeira(s) semana(s) do curso. Pódese facer algo que impacte visualmente con ese lixo (previamente lavado) e que permaneza durante todo o curso : un mural, unha escultura….
● Abordar o tema dos residuos e especialmente o dos plásticos na aula mediante visionado de documentais, noticias, inforgrafías segundo a idade e o nivel. (Selección de audiovisuais na páxina web de Teachers For Future Spain).
● Dedicar unha das paredes visibles do centro ao programa Recreo Residuos Cero con información que se irá completando ao longo do curso coas gráficas mensuais e traballos das aulas.
● Explicar que a Redución é a primeira das  R ( Reducir, Reutilizar e Reciclar) , todo o residuo que se evite supón que non haberá que reciclalo polo que nos aforramos un gasto ecolóxico e monetario xa que evitariamos tantas viaxes do camión lixo así como os desagradables cheiros, etc.

3. APOIARSE EN DATOS
● Apoiar a campaña en datos obxectivos : diagnóstico inicial da situación e datos da evolución.
● Dispoñibles aquí dous modelos para consignar os datos en gráficas : un semanal, por exemplo para utilizar a nivel de aula e un mensual para realizar a gráfica cos datos de todo o centro.
● Dedicar ao reconto os 5 últimos minutos da clase anterior ao recreo. É importante crear a dinámica para que logo póidano facer de maneira autónoma uns responsables.
● Clases de maiores poden tutorizar clases de infantil e primeiro ciclo.
● A  ecopatrulla ou patrulla verde, se existe no centro, pode encargarse de recoller as gráficas das aulas e elaborar a gráfica mensual do centro que irá completando o mural do programa. (É unha estupenda actividade de matemáticas de 6º elaboración de gráficas, cáculo de medias, porcentaxes..…)

4. OUTRAS IDEAS
● Concurso de eslógans e carteis como unha campaña publicitaria .
● Taboleiro con ideas de merendas sen resíduos .
● Campaña para fomentar o consumo de froitas .
● Taller de elaboración de portabocadillos.
● Elaborar compost ou vermicompost cos restos.


O importante é motivar aos alumnos e implicar á comunidade educativa. Cada centro busca a súa propia fórmula de acordo á súa situación. Algúns fan rexistros outros pesan o lixo cada semana e recorren aos rexistros só na recta final.
Hai mil maneiras de facelo para que resulte un reto  motivante e non supoña unha carga extra para ninguén. Moitos centros compartiron materiais que lles resultaron útiles para a posta en marcha do programa atoparédelos aquí.

Artigo traducido ao galego adaptado dende Teachers For Future Spain. Consulta aquí a web orixinal con toda a información.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando