Participación da Tropaverde no congreso mundial ISWA 2019
Tecnoloxía pro planeta
Compostela estivo presente no congreso mundial ISWA 2019, congreso de información, innovación e intercambio de experiencias en xestión de residuos, celebrado en Bilbao do 7 ao 9 de outubro.
A empresa tecnolóxica Teimas, con sede en Santiago e especializada en solucións software e hardware para o sector da recuperación e a reciclaxe, presentou o proxecto Tropaverde, iniciativa de concienciación ambiental que viu a luz en 2015 co apoio do Concello de Santiago e foi trasladada máis aló das nosas fronteiras a través do programa europeo URBACT. Marta Morán Hermida encargouse de dar a coñecer a plataforma multimedia que promove un comportamento responsable e prol planeta na sesión dedicada a conciencia ciudadana para unha xestión de residuos sustentable e efectiva.
Voltar o listado