Os microplásticos: un medio de transporte para os antibióticos que chegan á natureza?

Nos últimos anos creceu a preocupación polo amplo uso dos antibióticos. A pesar do que se poida pensar, a maior parte dos antibióticos non son empregados para tratar enfermidades en persoas, senón que se utilizan en gandería, acuicultura e agricultura.

0e8d819b3ca1b423d1b146f17d3e210451361192
Posto que as depuradoras son incapaces de degradar completamente os antibióticos, estes acaban chegando aos cursos de auga doce. A súa presenza nos ecosistemas pode provocar a aparición de resistencias aos mesmos. 

Estas resistencias supoñen unha gran ameaza debido ás graves consecuencias para a saúde humana. De feito, estímase que, no ano 2050, haberá máis mortes relacionadas con bacterias portadoras de xenes de resistencia a antibióticos que por cancro. 

Por outra banda, outro tipo de contaminantes cada vez máis presentes nas augas doces son os microplásticos (plásticos cun tamaño menor a 5 milímetros que se atopan en produtos que utilizamos no noso día a día, como pasta de dentes ou cremas exfoliantes) Tendo en conta a crecente presenza dos antibióticos e dos microplásticos nos ecosistemas do planeta, o persoal investigador da Universidade de Alcalá e a Universidade Autónoma de Madrid está tentando coñecer os efectos que  ámbolos dous, en conxunto, poderían estar a causar no medio.

No estudo desenvolto por estas dúas Universidades avaliouse se dous antibióticos estreitamente vixiados pola UE, a azitromicina e a  claritromicina, se adherían a catro tipos de  microplásticos frecuentemente utilizados no noso día a día, para posteriormente liberarse deles. Se os antibióticos poden adherirse aos microplásticos, serán transportados a moita maior distancia, alcanzando mesmo lugares dos ecosistemas aos que non poderían chegar por si sós. 

Os  microplásticos,  vectores de antibióticos

Os resultados obtidos, publicados na revista  Chemosphere, sinalan que os antibióticos estudados  poden adherirse a distintos tipos de  microplásticos, especialmente aos  microplásticos de  poliestireno, e posteriormente liberarse parcialmente.

Xa existían estudos previos mostrando que outros antibióticos presentaban esta capacidade de adhesión (e posterior liberación) aos microplásticos. Porén, esta é a primeira investigación que demostra que a  azitromicina e claritromicina tamén poden facelo. Isto é importante pois son dous dos antibióticos máis amplamente usados na actualidade sobre os que existe unha norma europea. Pertencen a un dos grupos de antibióticos que máis tardan en desaparecer do  medioambiente.

Ademais, no estudo avaliouse tamén se os antibióticos liberados dos  microplásticos, aos que previamente se adheriron, seguían sendo capaces de xerar efectos negativos sobre os seres vivos. Os resultados mostran que ámbolos dous antibióticos, despois de seren liberados dos  microplásticos, causaban danos sobre unha microalga. As microalgas teñen un papel crave no funcionamento dos ecosistemas nos que están presentes polo que, se se ven afectadas, poden xerarse consecuencias no resto dos seres vivos.

Uso racional de plásticos e antibióticos

As investigacións desenvoltas para obter estes resultados foron realizadas en laboratorio, polo que son precisos máis estudos para saber se este fenómo está a ocorrer fóra das catro paredes do laboratorio, é decir, no medio que nos rodea. 

En calquera caso, os resultados poñen de manisfesto a necesidade de facer un uso racional dos plásticos, evitando, na medida dos posible, os plásticos dun só uso. Ese sería un primeiro paso clave para reducir a súa presenza no  medioambiente. Outro é seguir estritamente as indicacións médicas do uso dos antibióticos prescritos polo persoal médico para evitar consecuencias negativas para nós e a natureza.

Nova vía iResiduo.
 Imaxe de Steve Buissinne vía Pixabay 
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando