Os envoltorios plásticos de alimentos sitúanse no primeiro posto do tipo de residuos máis abundante en 2019 nas praias de todo o mundo

Despois de 34 anos encabezando a listaxe do sresiduos máis abundantes nos areais de todo o mundo, as cabichas pasan a un segundo lugar e os residuos de plásticos ocupan agora o primeiro posto da clasificación.

7483cf8e23edc4a48a87d7b490ddd0c6c8ecd728

Un carriño de golf en Noruega, un anano de xardín no Xapón e ata un polo de goma en Filipinas!  Segundo o informe publicado por Ocean Conservancy, estes obxectos atópanse entre os residuos máis estraños recollidos nas limpezas executadas polo seu equipo de persoas voluntarias en 116 praias de todo o mundo durante o ano 2019. No entanto, o dato máis destacado do informe é que por primeira vez en 34 anos que leva publicándose, a cantidade de residuos plásticos recollidos nas praias de todo o mundo supera á de cabichas.

Os datos que se mostran no informe indican que a cantidade total de residuos extraídos dos 39.358 kilómetros de areais analizados en 2019, ascendeu a case 9.500 toneladas. Entre os tipos de residuos máis abundantes atópanse (en orde decrecente):

  1. Envoltorios dun só uso para alimentos (principalmente de patacas fritas e doces)
  2. Cabichas.
  3. Botellas de plástico.
  4. Tapóns de plástico.
  5. Pallas de plásticos.
  6. Pratos e vasos de plástico dun só uso.
  7. Bolsas de plástico de supermercados.
  8. Envases de plástico para conter comida.
  9. Outras bolsas de plástico
  10. Tapas de plástico.

No que respecta ás dúas primeiras posicións da lista, a cantidade total de envoltorios de alimentos recollida ascendeu a 2.100 toneladas mentres que a cantidade de cabichas foi de 1.900 toneladas.

Para o caso concreto de España, o informe indica que a lonxitude total de praias analizadas foi de 39,1 kilómetros nos que se recolleron e analizaron 3.159 kilogramos de residuos.

Así mesmo, dada a longa traxectoria do informe, a análise da evolución dos datos ao longo do tempo permite detectar cambios nos nosos hábitos de consumo. Así por exemplo, detéctase unha caída na cantidade de latas de bebidas e bolsas de papel en todo o mundo despois do ano 2009. Esta caída é o resultado do proceso de popularización que experimentou a auga e embotellada naquel momento así como da substitución das bolsas de papel por bolsas de plástico nos supermercados.

Outro dato destacable é que, dende o ano 2017, as botellas de vidro desapareceron da anterior listaxe dos dez tipos de residuos máis abundantes nas nosas praias. No lado oposto atopamos o plástico, que é actualmente o tipo de material máis habitual nos residuos recollidos nas costas de todo o mundo.

A versión completa do informe, en inglés, pode ser consultada aquí

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando