Obradoiro de papel reciclado na Maker Faire Galicia 2020

A Tropaverde colaborou nesta edición 2020 da Maker Faire Galicia cun obradoiro de fabricación caseira de papel reciclado. O Obradoiro está dispoñible online a través da plataforma da Maker Faire Galicia.

4a71b84d352364a2c5760421a0806800676b53a0
O obradoiro forma parte da programación da Maker Faire Galicia 2020. Como novidade, a edición deste ano desenvolveuse de forma totalmente virtual a través da súa Plataforma Virtual. Grazas ao formato dixital, os contidos da feira seguen a estar dispoñibles polo que poden ser consultados en calquera momento. Os contidos son do máis variado, sempre co denominador común da innovación, o #doityourself e a creatividade. A non perder!

No que respecta ao obradoiro de papel reciclado co que a Tropaverde participou na feira, de seguido indicámosche a ligazón de acceso e os materiais que precisas para a súa realización:
  • Ligazón de acceso: https://makerfairegalicia.com/gl/talleres/como-hacer-papel-reciclado-en-casa
  • Materiais que se precisan:
    • Recipiente grande (tipo balde de plástico duns 10 litros).
    • Auga quente.
    • Papel usado: revistas, xornais, folios,…
    • Coador.
    • Mesturador (batidora).
    • Perchas de arame.
    • Medias (serven rotas).
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando