O fin da crise provoca que os galegos xeren máis lixo tras sete anos de caídas

Entre 2006 e 2013, a recollida esborrallouse un 28%, mentres que nos últimos anos subiu un 5% 

A4f0f45e9f0d578775b72e34d97fcd09feca1113
Hai múltiples variables que se utilizan para explicar o fin da crise: aumento do emprego, incremento da compra de vivendas, crecemento da venda de vehículos? E dentro desas variables que serven para indicar o comezo da recuperación tamén aparece o lixo.

Os galegos xeran cada vez máis residuos. Durante 2015 botaron aos contedores 1.143.025 toneladas. Foi a segunda subida consecutiva, tras as sete caídas seguidas que se produciron desde 2006. Foron 3.825 toneladas máis que o exercicio anterior ou, o que é o mesmo, un 5% máis en 2014 e 2015. Con todo, se se compara con 2006 son 423.000 toneladas menos (-28%), segundo o informe Estatísticas sobre a recollida e tratamento de residuos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este repunte na xeración de residuos vén da man da mellora económica. Durante a crise, os expertos achacaron o descenso na recollida de lixo a unha caída do consumo e, por tanto, dos residuos que se producen.

Neste apartado hai que destacar o lixo que xeran os comercios da comunidade e que nos últimos anos reduciran a súa facturación e, por tanto, os residuos que creaban. Agora, unha parte importante deste incremento débese ao aumento dos desperdicios que xeran os comercios, que nos últimos anos pecharan ou baixaran o seu volume de vendas.

Pero non só aumentou en Galicia a produción de residuos urbanos. Tamén o fixo a recollida selectiva de lixo -a que se deposita nos diferentes contedores de cores- que pasou das 200.494 toneladas de 2014 ás 202.480 de 2015. Con respecto a 2013 o incremento foi do 21%. O mesmo sucede cos residuos mesturados que pasaron de 938.708 toneladas de 2014 a 940.480 de 2015. A subida foi do 0,18%.

A nivel nacional, as empresas xestoras de residuos urbanos recolleron 21,6 millóns de toneladas de lixo en 2015, un 1,5% máis que o ano anterior. Destas, 17,8 millóns corresponderon a residuos mesturados e 3,9 a residuos de recollida separada.

As comunidades que máis residuos urbanos produciron en 2015 foron Andalucía (4,2 millóns de toneladas), Cataluña (3,6) e Comunidad de Madrid (2,3). Galicia ocupou o sexto posto.

Durante 2015 recolléronse na comunidade galega 345 quilos de residuos por persoa. Foi un 9,7% menos que a media nacional. Galicia foi a terceira, só por detrás de Madrid (363,8) e A Rioxa (405,7) con menos quilos por habitante.

Dous anos antes, en 2013, recolléronse en Galicia 393 quilos de lixo por habitante. Foi un 15% menos que fai dez anos. Baleares foi o territorio onde se produciu a maior cantidade de residuos por persoa e ano: 800,6 quilos, máis do dobre que en Galicia.

En canto aos residuos recolleitos de forma selectiva na comunidade galega, a gran maioría foi vidro (19,4%), seguido do papel e cartón (15,7%) e os envases mixtos e embalaxes mesturadas (10,9%). En conxunto, supuxeron o 8,2% sobre o total do lixo xerado en Galicia.

Vía: La Opinión

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando