O contedor marrón chegará este 2021 a Vilagarcía de Arousa
Prevese a colocación de 42 contedores específicos para residuos orgánicos e a compra dun camión específico para realizar a súa recollida.
O Concello de Vilagarcía continúa traballando na senda de medidas que permitan a realización dunha xestión dos residuos urbanos que resulte máis eficaz, sostible e respectuosa co medio ambiente. Por esta razón, o Concello aporta por un novo plan que se basea na separación e recollida individualizada dos residuos orgánicos, na bolsa de lixo convencional. Este servizo poñerase en marcha a finais deste ano 2021, e o primeiro paso é a adquisición de 42 contedores marróns, específicos para o depósito da fracción orgánica dos refugallos domésticos. O proxecto conta co respaldo do fondo europeo de desenvolvemento rexional, que completará a achega económica procedente das arcas municipais.
O sistema apunta tanto aos domicilios como aos residuos que xeran os bares, restaurantes e supermercados ou a praza de abastos. Trátase dun volume de lixo que actualmente se traslada á planta de Sogama para a súa incineración. A súa xestión separada permitirá reducir os custos económicos ademais de achegar importantes beneficios ambientais. O proxecto ten confirmada xa a subvención por parte da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático. Por iso, adquiríronse xa 42 contedores marróns cunha capacidade de seiscentos libros. A iniciativa inclúe o desenvolvemento dunha campaña informativa de concienciación sobre a separación dos residuos orgánicos que debe levar a cabo xa ao longo do 2021.
Ademais, prevese tamén a compra de contedores individuais e de bolsas reutilizables, así como a adquisición dun camión para a recollida dos residuos orgánicos. Todo iso, coa idea de que o servizo poida entrar en funcionamento a finais do 2021. A instalación dunha planta de compostaxe colectiva no polígono de Baión constitúe, por outra banda, a base fundamental para que un sistema destas características sexa funcional.
Nova vía La Voz de Galicia
Voltar o listado