O concello de Vilagarcía conmemorou o día mundial da reciclaxe coa Tropa Verde
Fai catro meses, o Concello de Vilagarcía sumouse ao programa Tropa Verde, implantado xa en varios municipios galegos a través da empresa Teimas Desenvolvemento.
Para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE (17 de maio) e coincidindo coas festas de Santa Rita a Tropa Verde realizou varias accións de rúa os días 21 e o 22 de maio de 10:00 - 14:00 cun punto informativo na Praza de Galicia consistentes no reparto de bolsas reutilizables con deseño de Tropa Verde.
Durante o reparto, tamén se entregaron chapas, flyers con información e estrelas (para acumular e trocar por gasallos e descontos) e aproveitouse para informar das vantaxes que ten formar parte da comunidade Tropa Verde.
O reparto de bolsas para a compra pretende diminuír o consumo de plásticos e concienciar sobre a entrada en vigor do Real Decreto que incorporará ao ordenamento xurídico español a directiva europea 2015/720 para reducir o consumo de bolsas de plástico en toda a UE, onde as tendas estarán obrigadas desde 2018 a cobrar 5 e 30 céntimos pola bolsa de plástico.
Tropa Verde Vilagarcía
A día de hoxe Tropa Verde conta con 265 usuarios, 65 establecementos colaboradores que reparten premios e agasallos, e con máis de 60 premios repartidos dun total de 650 cheques repartidos.