O clube de lectura dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable
Os obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) son 17 metas marcadas pola Organización para as Nacións Unidas (ONU) co fin de avanzar cara sociedades máis respectuosas coas persoas e o medioambiente. Dada a importancia destes obxectivos para a construción dun futuro mellor, a ONU puxo en marcha a iniciativa "O clube de lectura dos ODS", que este mes está dedicado ao obxectivo 11: "Cidades e comunidades sostibles".
O Clube de lectura dos ODS pretende empregar os libros como ferramenta para animar aos nenos e nenas de 6 a 12 anos a interactuar cos principios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a través dunha lista seleccionada de libros de todo o mundo relacionados con cada un dos 17 obxectivos, nos seis idiomas oficiais das Nacións Unidas: árabe, chinés, inglés, francés, ruso e español.
O obxectivo arredor do que se vertebran as lecturas escollidas para este mes é facer as cidades máis inclusivas, seguras, resistentes e sostibles. E é que aínda que as cidades só representan o 3% da superficie do planeta, máis de 3.500 millóns de persoas viven hoxe en día neles e ese número segue aumentando. As cidades son centros económicos e contribúen significativamente á economía mundial xa que nelas se atopan os centros de traballo dun gran número de persoas: oficinas, fábricas, tendas, ...
Por desgraza, iso tamén significa que as cidades son en gran parte responsable dos niveis alarmantemente altos de contaminación debido ás emisións de gases á atmosfera, procedentes da produción de bens e servizos e do consumo de enerxía.
Posto que as prvisións mostran que as cidades medrarán nos anos a vir, é fundamental asegurar que as cidades sexan lugares seguros, inclusivos e sostibles.
Hai beirarrúas na túa cidade? Hai suficientes traballos e vivendas para tod@s? É seguro para a túa familia saír pola noite? Está limpo o aire da túa cidade? Estas son só algunhas das preguntas que o ODS 11 tenta examinar. Posto que actualmente máis da metade da poboación mundial vive en cidades, é esencial centrarse na mellora das súas condicións para facelas seguras e acolledoras para persoas de todo o mundo.
Neste senso, a lista de lecturas do Clube de lectura dos ODS para este mes de novembro abrangue moitos destes temas, agardando que as lecturas resulten de utilidade para que @s máis pequen@s (e @s non tan pequen@s) se inspiren e pensen novas formas de axudar a mellorar a comunidade na que viven.
Podes consultar a lista de lecturas la seguinte ligazón: https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/sdgbookclub/#list
Voltar o listado