Nova etiquetaxe de eficiencia enerxética da Unión Europea

As novas etiquetas irán do A ao G e mantense a escala de cores empregada ata o de agora (do verde ao vermello).

5905fa0776b0fab80f67e60f6fe3adfec8e487b8
As etiquetas de eficiencia enerxética da Unión Europea levan informando sobre o gasto de enerxía dos produtos dende o ano 1994. O cambio da devandita etiquetaxe, que afectará este 2021 a electrodomésticos como as neveiras ou as lavadoras, débese á necesidade de actualizala e simplificala. 

O novo sistema de etiquetas foi aprobado pola Comisión Europea no ano 2019. A nova escala de clasificación da eficiencia enerxética dos electrodomésticos irá dende a letra 'A' ata a ' G', sendo os produtos marcados coa letra ' G' os menos eficientes, e os produtos coa letra 'A', os mellores  enerxeticamente. 

Neste sentido, unha das principais novidade é a desaparación das claes A+, A++ e A+++, que foron creadas para describir os produtos máis eficientes. Co novo sistema reestruturaranse as puntuacións e poderemos atopar un frigorífico que actualmente está catalogado como A+++, e que agora pasa á categoría ' C'. Na mesma liña, os produtos anteriormente marcados coa etiqueta A+, pasarán a ter unha cor amarela e a letra 'D'. Este cambio non se debe a un empeoramento da eficiencia enerxética do aparello senón que a un sistema de clasificación máis estrito.

Na imaxe seguinte móstrase unha comparación da equita actual (esquerda) fronte á nova (dereita):


Froito deste cambio, a actual categoría "A" estará inicialmente baleira, mentres que moi poucos produtos obterán a puntuación  B ou  C. Isto realizouse así para deixar marxe de mellora para os próximos anos. A Comisón Europea precisa que ata que o 30% dos produtos do mercado comunitario non obteñan a máxima clasificación, polo momento baleira, os baremos non se revisarán.

A partir de marzo de 2021, as categorías de produtos obrigadas a mostrar a nova etiquetaxe enerxética son: lavalouzas, lavadoras, secadoras e neveiras.  Posteriormente, a partir do 1 de setembro de 2021 serán os sistema de iluminación os que tamén deberán adaptarse. En 2022, serán as secadoras e os aires acondicionados os que deberán aplicar a nova etiquetaxe. Porén, os produtos do modelo que xa estean nas tendas poderán conservar a antiga etiqueta.

Ademais do cambio das letras, as novas etiquetas incorporan tamén cambios no seu deseño para incorporar información extra. A Comisión explica que estas etiquetas serán neutras  linguísticamente. Isto significa que se utilizarán só símbolos, para que sexan iguais e  entendibles por todos os países. Ademais, incorporarán un código QR que conduce á persoa usuaría á consulta da base de datos europea de produtos para a etiquetaxe enerxética (EPREL), unha base de datos que estará dispoñible a partir de marzo de 2021, a medida que os novos produtos empecen a utilizar a etiqueta.

Non se inclúen nestas etiquetas os factores de reparabilidade, que terán o seu propio sistema.

Exemplo da nova etiqueta dunha lavadora:


Texto da nova adaptado de Xataka.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando