No Día Mundial da Hamburguesa... Receita de hamburguesa sostible!

De orixe incerto, o 28 de maio adícase a esta peculiar conmemoración. Dende a Tropaverde facemos a nosa propia versión. Máis sostible para o planeta e para a nosa saúde. Pois producir unha hamburguesa de orixe animal, drena ao redor de 1695 litros de auga. 

Ebd383a18698aa0647e9d2be123392e6a9d8dac6

Fragmento do artigo da ONU traducido ao galego. Leo completo aquí.

"Se as vacas formasen un país, sería o terceiro en emisións de gases de efecto invernadoiro. Producir unha hamburguesa  drena ao redor de 1695 litros de auga. Ademais de aumentar os gases contaminantes que inflúen no cambio climático, a cría de vacas contribúe á deforestación e ao desprazamento de comunidades rurais e indíxenas. Tamén cando se fai a longa escala, pode chegar a afectar a saúde humana.

O consumo de carne é unha das formas máis destrutivas nas que deixamos unha pegada no planeta, asegura un estudo apoiado por ONU Medio Ambiente. 


Por exemplo, debido á descomposición de materia orgánica, a gandería é unha das principais fontes de emisión de metano, un gas de efecto invernadoiro relativamente potente que contribúe ao quecemento global. Para facerse unha idea do seu alcance basta imaxinar que, se as vacas formasen un país, sería o terceiro en emisións de gases de efecto invernadoiro.


Pero o seu impacto ambiental non se detén aí e chega ata os nosos bosques e a nosa auga: as selvas de Sudamérica están a ser talladas para plantar soia e crear pastos para o gando mentres que, de media, unha hamburguesa de tenreira dun cuarto de libra consume- ao redor de 1695 litros de auga, dependendo de onde se fabrica."



Tropaverde decide traervos unha alternativa sostible para o medio ambiente e 0% de colesterol. Aquí vos deixamos a receita:


Hamburguesa sostible:


Ingredientes para 4 hamburguesas medianas:

-1 cunca de lentellas cocidas

-1 cunca de avea integral

-1 cebola mediana

-Aceite de Oliva Virxen Extra

-Especias: ourego tomiño, pimientón, pementa,... (Opcional) 

-1 chorro de salsa de soia (Opcional)

-Sal (en caso de usar Salsa de soia, é mellor probar antes de engadir máis)


Procedemento:

1. Colocamos unha tixola con aceite e sofritimos a cebola picada ata que se torre un pouco.

2. Mentres, escurrimos as lentellas. Se as facemos na casa, podemos gardar un pouco de auga de cocción para darlle máis sabor á hamburguesa. Se é de bote, mellor desbotar o líquido e lavalas ben.

3. Colocamos a avea nun recipiente. Hidratámola con auga morna ou coa auga das lentellas que gardamos anteriormente. A textura da avea voltarase máis pastosa. Non debe quedar líquido, só buscamos humedecer. 

4. Engadimos no recipiente da avea, as lentellas escurridas, a cebola sofritida, e opcionalmente as especias e/ou o chorro de salsa de soia, ao gusto.

5. Mesturamos ben coa axuda dun garfo ata obter a consistencia desexada. Podemos buscar unha textura con partes máis sólidas, ou facer unha pasta empregando unha batedora de man. 

6. Mesturamos ata obter unha pasta que poidamos manipular coas mans sen que se pegue moito. Engadimos avea seca se fose preciso ou un pouco máis de líquido ata conseguir ese resultado.

7. Cun pouco de aceite quente nunha tixola antiadherente, poñemos as hamburguesas a lume medio ata que estén douradas, dándolles un par de voltas por cada lado.

8. O máis importante: Comer quente e en boa compañía :)
Pola consistencia combinan mellor en prato, pero tamén se pode consumir cun bo pan, leituga, tomate e cebola.

Algúns consellos para facer a túa compra máis sostible.

-Merca local e a pequenos produtores dentro do posible.
-Emprega bolsas reutilizables ou de papel e merca a granel.
-Se mercas no supermercado, fíxate na orixe do produto. Asegúrate de que sexa, a lo menos, nacional.
-Consume alimentos de tempada.
-Comparte información e conversa coas persoas do teu entorno sobre a necesidade de mudar de hábitos de consumo.


Agardamos que vos guste tanto ou máis que a nós!
Feliz día da hamburguesa (sostible!)

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando