Moreas de descontos de ADEN para as persoas usuarias de Tropaverde!
A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos decide colaborar un ano máis a Tropaverde para traervos xenerosos descontos!
A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos súmase un ano máis a Tropaverde, para incentivar á poboación para a súa maior implicación no coidado medioambiental mediante recompensas no comercio local asociado.
As Tropas de Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa serán as beneficiarias destes descontos. Para isto, as usuarias e usuarios terán que sumar puntos (estrelas) a través da Redución, Reparación, a Reutilización e a Reciclaxe e canxealos por agasallos na web https://santiago.tropaverde.org/.
ADEN, que forma parte destes incentivos dende hai anos, renova a súa colaboración con atractivas recompensas, ofrecendo á cidadanía vinculada a Tropaverde, premios en forma de grandes descontos para promocionar os equipos eficientes nas súas tendas asociadas. Unha simbiose perfecta para dar a coñecer os mellores produtos dos establecementos vinculados á asociación e de premiar a todas as persoas conscientes da súa responsabilidade ambiental.
Os establecementos colaboradores son:
Vilagarcía de Arousa
TIEN21 CASTROMAN VILAGARCÍA (R/ Manuel Antonio, 15)
ACTIVA TENDANOSA (R/ Covadonga, 6)
MILAR AROUSA (Av. Juan Carlos I, 35)Ligazóns de interese:
https://www.asociacionaden.com/