Mobilidade sostible: desprazamentos conscientes con menos contaminación

A mobilidade sostible é unha forma de viaxar e trasladarse consciente, na que se impulsa promover o transporte que consome menos combustible ou enerxía.

02a3cdc0db67ce51aa997344d37d4f70d7b32d69

Comprometidos co medio ambiente e a saúde

Normalmente, céntrase na mobilidade urbana, pola multitude de desprazamentos que se realizan dentro das urbes, pero abarca todo tipo de traxectos, desde os habituais ata os esporádicos dun día ou os vacacionais.

De aí, a importancia da concienciación, a responsabilidade e o compromiso individual de cada persoa nas súas viaxes. Podendo elixir un desprazamento máis limpo e máis eficiente, por que non facelo?

Se te pairas a pensar na cantidade de diñeiro que se vai enchendo o depósito do coche, e máis cos prezos que agora mesmo ten o carburante, sáeche moito máis rendible trasladarte realizando unha viaxe compartida.

Coche compartido

Unha opción aconsellada para traballadores, estudantes ou amigos, que necesitan acudir ao mesmo lugar, xa sexa para gozar dunha estancia vacacional ou chegar ao traballo ou á universidade, e prefiren ser independentes polos horarios de trens ou de transporte público.

Unha bicicleta para cada tipo de desprazamento

Pero aínda hai máis onde elixir. Para os máis deportistas, a bicicleta é a máis demandada, porque ademais de pórte en forma e manterte con boa saúde, é a máis silenciosa e a menos custosa, ano ser que te decantes pola eléctrica.

É o transporte ideal para os estudantes que necesitan chegar á escola, ao instituto ou á universidade, e vivan relativamente preto.

Perfecta para desprazamentos curtos e medios, pero requírese unha mínima condición física dependendo do sitio ao que se queira chegar. É fundamental mirar o itinerario antes, non sexa que nos levemos unha sorpresa, e o percorrido que pensabamos que se tardaría pouco, resulta que está cheo de costas.

Motos. Pouco gasto e emisións

Se vas libre de vultos ou levas pouco peso nos teus desprazamentos máis longos, outra opción é a moto, tanto eléctrica como con combustible, emiten moitos menos gases contaminantes que os coches, por iso é polo que segundo a normativa de emisións contaminantes Euro 5 ten a etiqueta ECO.


Patinetes eléctricos. Os Reis do asfalto

O patinete eléctrico é quizais o máis utilizado polos  urbanitas ou nos pobos de gran extensión, que requiren desprazarse en distancias medias.

Grazas a que se habilitaron nas grandes cidades carrís para bicicletas, os patinetes eléctricos poden percorrer as distancias ao longo destas vías. Aínda que quizais a preocupación veña sendo o pouco respecto dos condutores de vehículos polos ciclistas e os usuarios do patinete eléctrico. Algo que debe ser revisado.

Transporte Público

Finalmente, o transporte público é o medio de transporte máis usado pola maioría das persoas nas grandes cidades. Xa que permite moverse de forma rápida dun lugar a outro da cidade.

Dependendo do lugar exacto ao que queiras chegar, serache máis conviente o autobús, o metro ou o tren. Moitas veces, a complicación vén da man de ter que cadrar os horarios duns e outros, e da pouca asiduidade de paso, sobre todo nos trens.

De calquera forma, hai que pór encima da mesa os pros e os  contras de cada un destes transportes, e adecuarnos ao que máis nos beneficia a nós mesmos debido ao noso traballo ou á causa do desprazamento, e ao medio ambiente.

Artigo traducido ao galego dende Conciencia Eco. Consúltao aquí.
Imaxe de pasja1000.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando