Instrucións para os domicilios sobre xestión de residuos domésticos e COVID-19

Manexo domiciliario dos residuos en fogares positivos ou en corentena porCOVID19 

1fa89167933fcd02dad99643e84a93302516ca20
Segundo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, os residuos do paciente,incluído o material desbotable utilizado pola persoa enferma (luvas, panos,máscaras), hanse de eliminar nunha bolsa de plástico (BOLSA 1) nun cubo de lixodisposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizarningunha separación para a reciclaxe. 

A bolsa de plástico (BOLSA 1) debe pecharse adecuadamente e introducila nunhasegunda bolsa de lixo (BOLSA 2), á beira da saída da habitación, onde ademaisdepositaranse as luvas e máscara utilizados polo coidador e pecharaseadecuadamente antes de saír da habitación. 

A BOLSA 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticosna bolsa de lixo (BOLSA 3) correspondente ao cubo de fracción resto. A BOLSA 3tamén se pechará adecuadamente. 

Inmediatamente despois realizásese unha completa hixiene de mans, con auga exabón, polo menos 40-60 segundos. 

A BOLSA 3 depositarase exclusivamente no contedor de fracción resto1(ou encalquera outro sistema de recollida de fracción resto establecida na entidade local),estando terminantemente prohibido depositala nos contedores de recollidaseparada de calquera das fraccións separadas (orgánica, envases, papel, vidro outéxtil) ou o seu abandono na contorna. 

Manexo domiciliario dos residuos en fogares sen positivos ou cuarentena 

No caso dos fogares sen positivos nin en corentena, a separación dos residuosrealizarase como vén facéndose habitualmente. 

Co fin de reducir ao máximo a fracción resto (ou fracción seca onde sexa aplicable)que chega as plantas de tratamento, convén lembrar aos cidadáns a importancia deoptimizar a recollida separada das distintas fraccións (papel/cartón, vidro, envases, orgánica no seu caso), e depositar nos seus contedores unicamente os residuoscorrespondentes a tales fraccións. 

Por último, lémbrase aos cidadáns que as luvas de latex ou nitrilo empregados parafacer a compra ou outros usos non son envases e por tanto non deben depositarseno contedor de envases lixeiros (amarelo).


Vía: Xunta de Galicia
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando