Especies endémicas palmeiras que sobreviviron á erupción do volcán

As tres especies  endémicas da illa da Palma, que foron monitoradas por científicos do Instituto de Produtos Naturais e Agrobiología ( PNA) ante o risco de afección por caída de cinzas durante a erupción do volcán, sobreviviron.

C2beb5c40b4ff01d7f4598c265e0112610207a66
As dúas especies vexetais vixiadas son a garbancera canaria (Cicer Canariensis) e a mostaza de Aridane, que teñen o seu hábitat natural a poucos quilómetros do lugar de erupción, na cabeza de Vaca.

Afortunadamente, xa se atoparon exemplares reverdecendo tras a erupción, o que é unha garantía da súa supervivencia.

A garbancera canaria foi unha especie particularmente afectada non só debido á deposición de cinzas e ao empobrecemento da calidade do aire durante a erupción, senón tamén debido a que os coellos silvestres alimentáronse delas pola desaparición doutras especies vexetais.

“A día de hoxe brotaron outras especies como tederas e escobones, polo que afortunadamente os coellos teñen outras plantas que comer, así que esperemos que os exemplares que sobreviviron ao volcán sexan o futuro da garbancera canaria” explicou en declaracións a EFE Manuel Nogueiras, biólogo do IPNA e delegado en Canarias do Consello Superior de Investigacións científicas (CSIC).

O caso da mostaza de Aridane é especialmente delicado, xa que aínda non foi catalogada e descrita polos científicos, un labor que está a ser realizada polo biólogo palmeiro e científico do IPNA Arnoldo Santos.

A outra especie  endémica ameazada, e a única do reino animal analizada, é o saltamontes xigante do Remo ou cigarrón pau palmeiro, cuxo hábitat se limita á zona suroeste da illa da Palma, unha área que actualmente se atopa baixo o perímetro de exclusión da emerxencia.

Os labores dos biólogos do IPNA céntranse agora no avistamento e cálculo semanal destas especies autóctonas e outras que compoñen a biodiversidade das áreas afectadas pola erupción, para así realizar un seguimento da súa evolución tras a chegada das choivas a esa parte da illa.

Esta é a primeira erupción  volcánica na que se traballou de maneira multidisciplinar entre organismos científicos, polo que os datos recolleitos polos biólogos en vivo durante a emerxencia serán esenciais para coñecer a repercusión que tivo sobre a biodiversidade, especialmente nestes endemismos palmeiros. 

Artigo traducido ao galego dende EFEverde. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe por Bastian Pudill 
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando