Disfrutar e descansar riman con separar para reciclar: dez consellos para un verán máis sostible

Entramos en agosto e son moitas as persoas que vos dispoñedes a disfrutarduns máis ca merecidos días de vacacións. Serán días nos que o disfrute, o descansoe a desconexión se converterán nos claros protagonistas. Porén, estes días nondebemos esquecernos de seguir poñendo en práctica os mesmos bos comportamentosmedioambientais que desenvolvemos nos nosos fogares. 

519b0024a386369b12f65b7da79b5a5f0a8cdfe8

Por esta razón, dende a Tropaverde elaboramos unha listaxe de dez accións que vos permitirán coidar do noso fermoso Planeta á vez que disfrutades das raiolas de sol propias destes días de agosto. Estamos seguros de que estas accións servirán para que as arousás e arousáns que formades parte da Tropaverde de Vilagarcía sigades a ser un exemplo a seguir para todas as persoas coas que compartades estes días de verán.  

Lembrade tamén que a Tropaverde segue premiando as boas accións medioambientais tamén en verán. Para saber como podes sumar 30 novas estrelas á túa conta, fai clic aquí.


Decálogo da Tropaverde para un verán máis sostible


1.      Residuos, non grazas. Recolle todos os teus residuos e deposítaos no contedor axeitado.


2.   Evita o plástico dun só uso. Cada vez é máis habitual atopar nos supermercados vaixelas feitas con materiais biodegradables en substitución dos pratos, garfos e culleres de plástico dun só uso. Así mesmo, tamén é posible substituir as botellas de auga de plástico por outras reutilizables que, en moitos casos, permiten manter a auga fresca durante máis tempo.


3.   Actividades de limpeza de espazos naturais. Durante o verán son numerosas as asociacións e concellos que organizan actividades de limpeza de praias e outros espazos naturais. Podes informarte no concello, ou través dunha búsqueda na rede, das actividades que están programadas no teu lugar de vacacións.


4. A bicicleta: boa para a túa saúde e para o Medio Ambiente. Sempre que sexa posible, evita o uso do coche, optando por outras alternativas máis respectuosas co medio ambiente como pode ser a bicicleta.


5.  Descobre a túa contorna. Este ano, máis ca nunca, suxerímosvos optar por un turismo de proximidade, reducindo a necesidade de grandes desprazamentos. En Galicia, temos a sorte de contar con numerosos e incribles destinos turísticos que, estamos seguros, cumprirán coas demandas de aventura, desconexión ou diversión de todas e todos vós.


6.    A auga doce, un ben cada vez máis escaso. Facer un uso responsable da auga é especialmente necesario na época de verán, cando as choivas son menos frecuentes e o nivel de enchido dos nosos encoros se reduce. Entre as posibles accións que podemos desenvolver para reducir o consumo de auga atópanse: revisar todas as billas da casa para que non haxa perdas de auga, pechar a billa mentres nos lavamos os dentes ou poñer en funcionamento o lavavaixelas unicamente cando estea completamente cheo.


7.   Consume produtos de tempada e de proximidade. O verán é época de froitas, hortalizas e verduras. Por esta razón aconsellámosche que aproveites para escoller ou preparar pratos que conteñan este tipo de alimento sxa que che será doado atopar froitas, hortalizas e verduras producidas no noso país.


8.   Máis alimento, menos residuo. O verán adoita ser tamén época de xantares e ceas de reencontro. En Galicia somos moito de “mellor que sobre ca que falte” polo que é frecuente que ao xantar ou cea remate cunha cantidade nada desprezable de comida sobre a fonte que, en moitas ocasións, acaba no caldeiro do lixo. Para reducir este desperdicio de alimentos, aconsellámosche adaptar a cantidade de comida ao número de comensais e optar por menús que permitan que a comida que sobre poida ser conxelada ou aproveitada a preparación doutras receitas.


9.  Desconecta os teus elestrodomésticos. Adóitase decir que os días de verán son días para desconectar. E iso precisamente é oque debemos facer cos electrodomésticos e pequenos aparellos electrónicos antes de pechar a porta de casa e saír cara o noso destino de vacacións. Lembra que moitos dos nosos electrodomésticos e aparellos electrónicos consumen electricidade mesmo apagados, só polo feito de estar enchufados.


10. Disfruta ao tempo que continúas espallando os boas accións medioambientais da Tropaverde. Se hai un obxectivo claro das vacacións, ese debe ser disfrutar. Por iso, dende a Tropaverde desexámosvos un moi feliz verán mentres nós seguimos traballando para premiar as vosas boas accións medioambientais.

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando