Día Mundial pola Redución das Emisións de CO2
O día 28 de Xaneiro celébrase o Día Mundial pola Redución das Emisións de CO2, ou tamén chamado Día Mundial da Acción fronte ao Quecemento Terrestre.
Este día foi designado pola Organización das Nacións Unidas (ONU) como o día crave do ano para tomar decisións en prol do coidado do noso planeta, co obxectivo de crear conciencia e sensibilizar aos habitantes do noso planeta sobre o cambio climático e os impactos ambientais que esta ocasiona.
Tamén busca impulsar o desenvolvemento e aplicación de políticas de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, tales como investimentos en desenvolvemento de fontes de enerxía renovables, cambio a combustibles máis limpos, melloras na eficiencia dos procesos de combustión e modificar as tendencias de consumo a través da educación ambiental.
Principalmente, o Cambio Climático produciuse por:
– O excesivo aumento de gases de efecto invernadoiro por queima de combustibles fósiles (carbón e petróleo principalmente).
– A produción agropecuaria e o cambio de uso do chan, en especial a deforestación.
– A industrialización e actuais patróns de consumo.
– A xestión de residuos sólidos e líquidos nos países desenvolvidos produce altos niveis de gases de efecto invernadoiro debido ao consumo de enerxías relacionadas cos patróns de consumo e a gran produción industrial.
O cambio climático é un problema global que afecta a todo o planeta, a preocupación é de todos os países, é así que se asina o Protocolo de Kyoto, un convenio internacional que tenta limitar globalmente as emisións de gases de efecto invernadoiro.
O aumento do contido de dióxido de carbono que se está experimentando actualmente é o compoñente principal do cambio climático global, polo que debemos de deixar de lanzar CO2 á atmosfera, así como os outros gases de efecto invernadoiro (metano, óxidos de nitróxeno, ozono, clorofluorocarbonos) ou o quecemento da terra será irreversible.
Foto de Marek Piwnicki en Pexels
Voltar o listado