Dende a casa ata SOGAMA! Visita virtual ao Complexo Medioambiental de Cerceda
A Sociedade Galega da Medio Ambiente (SOGAMA) convídanos a unha visita virtual durante a que percorreremos as diferentes partes que forman a instalación de xestión de residuos situada en Cerceda e que dá servizo a 295 dos 313 concellos galegos.
Con motivo da conmemoración do Día Mundial da Educación Ambiental (26 de xaneiro), Sogama lanza unha visita virtual ao Complexo industrial de Cerceda (A Coruña), onde se centralizan os residuos urbanos procedentes de 295 concellos ou, o que é o mesmo, os producidos por máis de 2.242.000 habitantes.
O vídeo vén tentar substituir as visitas presenciais, suspendidas dende o mes de marzo de 2019 debido á COVID, es está especialmente dirixido ao público de entre 12 e 18 anos.
O vídeo relata a xestión de residuos urbanos no modelo Sogama: desde que se producen nos fogares ata que chegan ao Complexo cercedense, onde son xestionados, ben a través da reciclaxe, ben a través da valorización enerxética.
Dous posibles destinos para os residuos que se tratan no Complexo Medioambiental de Cerceda: a valorización material e/ou a anerxética.
Baixo a xestión de Sogama trátanse dúas das fracción do lixo que xeramos diariamente nos nosos fogares: a chamada bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks) e a chmada bolsa negra (lixo convencional).
O contido da bolsa amarela, depositada pola poboación nos contedores amarelos, sepárase automaticamente por tipoloxías na planta de clasificación para o seu posterior envío aos centros recicladores. Pola súa banda, o contido da bolsa negra, que procede dos contedores verdes xenéricos, segrégase a parte reciclable grazas á nova planta que opera en liña coa industria 4.0. A fracción non reciclable convértese nun combustible (denominado Combustible Derivado de Residuos) que alimenta unha planta termoeléctrica, onde se xera a enerxía suficiente coa que se podería abastecer ao 12% dos fogares galegos.
A segregación en orixe é o primeiro (e indispensable) paso do proceso de reciclaxe
Os relatores inciden na importancia de separar correctamente os residuos no fogar e depositalos nos contedores correspondentes para que sexan convertidos en novas materias primas, aforrando con isto enerxía e materias primas virxes.
Así mesmo, insisten na necesidade de concibir os refugallos como recursos que forman parte dun modelo de desenvolvemento definido pola economía circular, propiciando que os produtos se manteñan na economía o maior tempo posible a través do seu máximo aproveitamento.
Ligazón vídeo visita guiada: https://vimeo.com/504284591