Conmemoración do DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE coa Tropa Verde Vilagarcía
Accións de rúa os días 21 e o 22 de maio na Praza de Galicia consistentes no reparto de bolsas reutilizables con deseño de Tropa Verde.
PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE (17 de maio) e coincidindo coas festas de Santa Rita A TROPA VERDE realizará varias accións de rúa os días 21 e o 22 de maio de 10:00 - 14:00 na Praza de Galicia consistentes no reparto de bolsas reutilizables con deseño de Tropa Verde.
Durante o reparto, tamén se entregarán chapas, flyers con información e estrelas (para acumular e trocar por gasallos e descontos) e aproveitarase para informar das vantaxes que ten formar parte da comunidade Tropa Verde.
O reparto de bolsas para a compra pretende diminuír o consumo de plásticos e concienciar sobre a entrada en vigor do Real Decreto que incorporará ao ordenamento xurídico español a directiva europea 2015/720 para reducir o consumo de bolsas de plástico en toda a UE, onde as tendas estarán obrigadas desde 2018 a cobrar 5 e 30 céntimos pola bolsa de plástico.
Tropa Verde Vilagarcía
O proxecto Tropa Verde Vilagarcía segue a crecer con todas estas iniciativas. O obxectivo principal é concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe e da correcta xestión dos residuos, ao mesmo tempo que se tenta potenciar o comercio local. Para formar parte da Tropa Verde é preciso inscribirse a través da web tropaverde.org.
A día de hoxe Tropa Verde conta con 265 usuarios, 65 establecementos colaboradores que reparten premios e agasallos, e con máis de 60 premios repartidos dun total de 650 cheques repartidos.