Como gañar estrelas da Tropaverde Vilagarcía?

O obxectivo de Tropaverde é incentivar as boas accións ambientais e a reciclaxe a través de recompensas directas aos cidadáns comprometidos. 

0fc32e8b15dac57918d55e2a2703e84c041d7f0c

O funcionamento da Tropaverde é moi sinxelo: cada vez que calquer cidadán deposite un residuo (nos lugares que se indican no apartado "Gaña estrelas" da web) recibe un cheque con estrelas (puntos). Esas estrelas pódeas ir acumulando na súa conta para trocalas por descontos e agasallos que aparecen no apartado "Recompensas". As recompensas apórtanas os comercios e establecementos de hostalaría que colaboran como establecementos colaboradores da plataforma.

Onde podo gañar estrelas en Vilagarcía?

  • Punto Limpo: Aquí pódense depositar enseres voluminosos de todo tipo, aparellos electrónicos ou eléctricos, lámpadas fluorescentes, teléfonos móbiles e demais. Horario: L-S: 10:00 - 13:30 h / 16:00 - 20:00. Domingos 10 :00 - 13:30
  • Compostaxe Individual: Cada vez que os usuarios recollan estructurante no Auditorio Municipal para os seus composteiros individuais facilitaraselle un cheque en horario de venres de 13:30 - 14:45.
  • Mini-puntos limpos no Concello de Vilagarcía de Arousa. Pequenos puntos onde podes depositar os residuos. Se pode depositar: CDs e DVDs, cartuchos de impresora, pilas ou bombillas. Depositando aquí os residuos se consegue un cheque de 10 estrelas. Para iso débese enviar unha foto depositando o residuo no mini-punto limpo ás redes sociais da Tropa Verde ou ó correo info@tropaverde.org
  • Colectores de roupa no Concello de Vilagarcía de Arousa, Depositando aquí roupa, complementos ou calzado se consegue un cheque de 10 estrelas. Para iso débese enviar unha foto depositando a bolsa no colector ás redes sociais da Tropa Verde ou ó correo info@tropaverde.org
  • Auditorio Municipal: Recollida de Residuos de Pequenos Aparellos Eléctricos e electrónicos como portátiles, ou teléfonos móbiles; e pequenos electrodomésticos, como batedores, planchas, secadores de pelo, tostadoras, cepillos de dentes eléctricos, tablets, consolas ou xoguetes a pilas. Horario: L-X: 14:15 ata 14:45 e os venres de 13:30 a 14:45
  • TIEN 21 CASTROMAN VILAGARCÍA: Rúa Manuel Antonio, nº 15. Entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos 
  • TIEN 21 IBELGA: Rúa López Ballesteros, nº 3. Entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos
  • TENDANOSA CONNECTA: Rúa Covadonga, nº 6. Entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos
  • MILAR AROUSA: Rúa Juan Carlos I, nº 35. Entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos

Cantidades mínimas a reciclar para acadar un cheque
Por cada entrega de residuos entregarase UN SO CHEQUE independentemente do número de residuos e do tipo, sempre respectando as cantidades mínimas especificadas na seguinte listaxe:

  • Aceite usado: 1 litro
  • Pilas: 10 unidades
  • Tapóns: 1 bolsa de conxelados chea
  • Papel-cartón: 1 bolsa grande das de papel
  • Tóners : 3 unidades
  • Roupa: 6 prendas de roupa grandes ou 12 prendas de roupa pequenas
  • Puntos Limpos: 0,5 kg de residuos
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando