Cales son os principais obxectivos da Unión Europea en materia de economía circular?
Cada vez máis, as palabras "economía circular" forman parte das políticas europeas e do noso día a día. A razón atópase na cantidade limitada de recursos naturais da que dispoñemos. É este esgotamento dos recursos o que está obrigando a ter que repensar a forma en que facemos as cousas, co fin de alongar o máximo posible a vida útil dos recursos.
A economía circular é un modelo económico e tamén de produción que persegue alongar o máximo posible a vida útil das materias primas. Para conseguilo existen diversas formas, entre elas a de buscar unha nova vida para os residuos, converténdoos en novos productos.
Fai xa tempo que a Unión Europea é consciente de que o seu desenvolvemento económico e social depende de materias primas que proveñen de fóra das súas fronteiras. Por esta razón, a UE deseñou un Plan de acción para conseguir aproveitar ao máximo a vida útil das materias primas e avanzar cara a súa autosuficiencia. Dada a trascendencia deste Plan para o futuro dos Estados membros, de xeito periódico organízanse encontros con persoas expertas para dar conta dos avances conseguidos e das tarefas pendentes.
O último destes encontros tivo lugar a principios deste mes de novembro e os contidos tratados nel xiraron en torno a cuestións clave de interese para o Plan de acción de economía circular, tales como o fomento da reciclaxe, o impulso dun mercado competitivo de materias primas recicladas ou o fomento do ecodiseño dos produtos.
Este encontro permitiu concluir que Europa non pode acadar os seus obxectivos de circularidade sen crear un mercado realmente competitivo para as materias primas secundarias. Unha das posibles medidas para impulsar dito mercado é establecer como obrigatorio un contido mínimo de materias primas recicladas nos produtos.
Outras das conclusións é a necesidades de prestar moita atención durante a fase de deseño do produto, poñendo especial atención ao ecodeseño dos productos, de xeito que se aumente a súa durabilidade e reciclabilidade, ao mesmo tempo que se fomenta a reutilización dos produtos.
Así mesmo, para impulsar a economía circular é tamén necesario que os residuos que se poidan reciclar ou recuperar deben desviarse dos vertedoiros. Isto é crucial para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, Neste senso, e para acadar o obxectivo de desviar os residuos dos vertedoiros, a recuperación de enerxía dos residuos é agora máis necesaria que nunca.
En conclusión, os participantes coincidiron en que no contexto da recuperación da crise do COVID-19, os estímulos da economía circular son equivalentes aos estímulos da recuperación. A industria da xestión de residuos é, daquela, un actor clave para redirixir adecuadamente os investimentos e aproveitar o seu propio potencial para lograr a circularidade e a neutralidade climática. A este respecto, o presidente do FEAD, Peter Kurth, subliñou que "as materias primas do futuro proveñen de residuos. A industria de xestión de residuos é un socio clave para acadar este obxectivo e canalizar os investimentos adecuados cara á recuperación económica. '
Voltar o listado