Buzoneo Tropaverde Vilagacría de Arousa

Co obxectivo de achegar Tropaverde Vilagarcía o maior número de cidadáns posibles 

64f720681ae10c92d4d0ddf02a03e72ebab2ddfc
En Tropaverde premiamos as túas accións de reciclaxe e o noso obxectivo e achegar a nosa plataforma a toda a cidadanía para que poidan desfrutar dos agasallos e premios que ofrece o comercio local. Desta maneira todos colaboramos co aumento da calidade ambiental da nosa cidade.

Para elo, durante o mes de xullo realizaremos un buzoneo en Vilagarcía de Arousa.

COMO FUNCIONA A TROPAVERDE?

  1. Leva os teus residuos aos puntos de recollida habilitados no Concello de Vilagarcia de Arousa: Punto limpo, Minipuntos limpos,  tendas de venta de aparatos eléctricos, colectores de roupa e aceite...
  2. Por cada acción que fagas, recibirás un cheque da Tropaverde cun código que deberás introducir na web (www.vilagarcia.tropaverde.org)
  3. As estrelas que consigas podes camxealas por agasallos e descontos no comercio local de Vilagarcía

AGASALLO DE 30 ESTRELAS
Os cidadáns que se rexistren na Tropaverde Vilagarcía antes do 30 de agosto recibirán 30 estrelas de agasallo, polo que xa sabes, comeza dende hoxe a túa aventura verde e goza dos agasallos e premios que che ofrece o comercio local de Vilagarcía de Arousa.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando