APRENDE COA TROPAVERDE!
Para conmemorar a renovación da Tropaverde Vilagarcía, o Concello de Vilagarcía de Arousa xunto cos responsables da Torpaverde están deseñando xornadas de charlas nos centros educativos do Concello. Poderán participar todas as escolas de primaria que así o desexen.
Cal é a finalidade da campaña?
A finalidade é incentivar a responsabilidade ambiental nos rapaces e rapazas da cidade de Vilagarcia de Arousa, así como nas súas familias, contribuíndo así á redución dos residuos e optimizando a xestión destes.
Sensibilizar e concienciar á sociedade sobre prevención de residuos, reutilización de produtos e a reciclaxe de materiais.
Dar a coñecer a iniciativa Tropaverde, con agasallo de chapas, flyers e cheques da Tropaverde con 10 estrelas.
Nestas charlas farase fincapé na idea de que o coidado da natureza e os seus recursos é cousa e causa de todos, na importancia do coidado da contorna e na regra fundamental da ecoloxía das 3Rs. As charlas tamén teñen un obxectivo de diminución de residuos, sobre a necesidade de limitar o uso de embalaxes "porque o mellor residuo é o que non se produce".
Un propósito fundamental da Tropa Verde é a educación ambiental, o que pretendemos é lograr que tanto os individuos como as colectividades comprendan a natureza complexa do medio ambiente (resultante da interacción dos seus diferentes aspectos: físicos, biolóxicos, sociais, culturais, económicos, etc.) e adquiran os coñecementos, os valores e as habilidades prácticas para participar responsable e eficazmente na prevención e solución dos problemas ambientais e na xestión da calidade do medio ambiente.
Por tanto, a educación ambiental, máis que limitarse a un aspecto concreto do proceso educativo, debe converterse nunha base para elaborar un novo estilo de vida. Ha de ser unha práctica educativa aberta á vida social para que os membros da sociedade participen, segundo as súas posibilidades, na tarefa complexa e solidaria de mellorar as relacións entre a humanidade e o seu medio. Destes fundamentos parten as iniciativas da Tropa Verde.
A quen vai dirixido?
Esta campaña de sensibilización está dirixida a nenos e nenas de 2º e 3º de primaria. Os nenos e nenas deberán xuntarse nun aula ou no salón de actos
Organización
As datas serán propostas polo propio centro e dependerán da dispoñibilidade dos membros da Tropaverde entre os meses de marzo e xuño, e pola orde de inscrición das mesmas. As charlas impartiranse no propio centro e están destinadas a nenos e nenas de 2º e 3º de primaria. Pode dividirse nunha única charla no salón de actos do colexio o en dúas dependendo do espazo do centro.
ContactoPara concretar é necesario poñerse en contacto con Marta Morán, responsable da Tropaverde no número de teléfono: 981 523 226 ou no correo info@tropaverde.org