ADEN SÚMASE COMO COLABORADOR DA TROPAVERDE

A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN) outorgará recompensas directas aos cidadáns que participen na  Tropaverde dos concellos nos que están adheridos os establecementos asociados a ADEN

089985dcdc0809a2d668adc23ca823fb03536f82
A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN), súmase como colaborador do proxecto Tropaverde e os seus establecementos asociados prorrogan o seu compromiso como puntos habilitados, onde se pode facer entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos fóra de uso e recibir cheques con estrelas da  Tropaverde.
O obxectivo é impulsar e fomentar a correcta xestión dos pequenos aparellos eléctricos e electrónicos (PAE) o final da súa vida útil.

  • Que podo entregar nos establecementos asociados a  ADEN?
Pequenos aparellos (sen ningunha dimensión exterior superior a 50 cm). Estes aparellos divídense en tres categorías: mantemento do fogar, preparación de alimentos e hixiene e beleza, por exemplo:
  • Mantemento do fogar: ferro, aspirador, estufa, ventilador
  • Preparación de alimentos: microondas, sandwichera, licuadora, cafeteira, tostadora, freidora, batedora, robot de cociña
  • Hixiene e beleza: depiladora, afeitadora, secador de pelo, moldeador, cepillo eléctrico, ferro para o pelo, tenaza rizadora de pelo
Neste ano 2020,  ADEN tamén será un patrocinador da Tropaverde, e outorgará recompensas directas aos cidadáns que participen na Tropaverde dos concellos nos que están adheridos os establecementos asociados a  ADEN.
Premiarase aos cidadáns que participen con 20€ de desconto inmediato en compras superiores a 100 euros de equipos eficientes, nos establecementos asociados a ADEN adheridos á Tropaverde.
Destinarase 15 recompensas por tropa, cun total de 900€ que estarán en vixencia durante todo o ano 2020. 
Para coñecer o tipo de eficiencia dun electrodoméstico, os compradores poderán consultar a etiqueta enerxética. Existen 7 clases de eficiencia identificadas por un código de cores e letras que van desde a cor verde e a letra A+++ para os equipos máis eficientes, ata a cor vermella e a letra D para os equipos menos eficientes.
Os de maior nivel de eficiencia e polos que se poderán trocar os bonos son os A+++, A++ e A+.

Lembrámoslles os establecementos adheridos por concello:

  • Santiago de Compostela:
- STAR  CENTER SANTIAGO:  Praza de Vigo, nº 2.
- CENOR SANTIAGO: Angustia, nº 17 – Baixo.
- EXPERT RADIO TELEDOMESTIC: Amor Ruibal, nº 1.
- TIEN21 SANTIAGO: Rúa Montero Ríos nº36.
- CENOR  KLIMA:  Av de  Villagarcia, 38.
- STAR  CENTER COSTA  VELLA:  Rúa Amio, 116 - Polígono Costa  Vella.
- ITC ELECTRODOMÉSTICOS: Rúa Valiño 1  Baixo D.

  • O Porriño:
- MASTER DANI: Rúa Progreso, 15.
- EXPERT BUGARÍN:  Lg. Pontellas Abeleda, 2.
- TIEN 21 REVERENDO: Rúa  Ramiranes, 13.

  • Vilagarcía:
- TIEN 21 CASTROMAN VILAGARCÍA: Rúa Manuel Antonio, nº 15
- TIEN 21 IBELGA: Rúa López Ballesteros, nº 3
- ACTIVA TENDANOSA: Rúa Covadonga, nº 6
- MILAR AROUSA: Rúa Juan Carlos I, nº 35

Entre todos debemos promocionar a correcta xestión dos RAEE e as tendas de electrodomésticos locais, cunha maior proximidade no trato e identidade e compromiso coa súa zona de influencia, ofrecen un valor engadido e incorporando criterios sociais e ambientais que contribúen a fomentar a Economía Social e Circular.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando