A temperatura das cidades aumenta o dobre de rápido, advirte a ONU

A temperatura das cidades de todo o planeta están a aumentar o dobre de rápido que a media mundial debida á rápida urbanización e o  remplazo da vexetación por asfalto, estruturas de formigón e outras infraestruturas, segundo anunciou este mércores o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente ( PNUMA).

21aef4d1cadca6e11f24171a7b572c8687625269
“Coas poboacións en crecemento sobre todo nos  trópicos e unha rápida urbanización, o impacto da emerxencia climática estase a notar dunha maneira máis aguda nas cidades”, explicou un informe do  PNUMA titulado ‘Batendo a calor: manual de refrixeración urbana sostible’.

Para 2100, as temperaturas das urbes de todo o planeta poden aumentar unha media de ata 4,4 graos centígrados, máis do dobre que o límite fixado no Acordo de París, segundo un equipo internacional de investigadores que participou neste informe.

As comunidades máis afectadas por esta crise climática serán as de menores ingresos, establecidas en zonas urbanas con poucos espazos verdes e escasas posibilidades económicas para adaptarse aos cambios.

Ademais, para soportar o aumento das temperaturas, moitas persoas de clase media-baixa teñen como unha opción instalar aparellos de aire acondicionado nos seus fogares -nos países desenvolvidos, 2.300 millóns de persoas comprarán proximamente este tipo de máquinas-, un escenario que  PNUMA considera “insostible” mediambientalmente.

“Estas prácticas de refrixeración adoitan consumir moita enerxía e dependen en boa medida da electricidade xerada por combustibles fósiles, agravando aínda máis o problema da calor residual e as emisións de gases contaminantes á contorna urbana”, subliñou o  PNUMA.

“O quecemento das cidades producirase a menos que haxa reducións inmediatas e a gran escala nas emisións dos gases de efecto invernadoiro”, advertiu o PNUMA.

Para reducir as consecuencias da crise climática, o PNUMA tamén propuxo ás autoridades das cidades unha planificación urbana que teña en conta a importancia das zonas verdes e poñer en marcha programas masivos de sensibilización, entre outras medidas. 

Artigo traducido ao galego dende EFEverde. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe de David Mark
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando