A recollida selectiva aumentou en Vilagarcía un 4%, respecto ao ano 2019

Faro de Vigo publica na súa edición do pasado 16 de xaneiro, os datos de recollida selectiva do Concello de Vilagarcía de Arousa, correspondentes ao ano 2020.

D033b7d120c7fc300a4e724d0217494d2b28f37e
Segundo indica o xornal, no ano 2020, a veciñanza de Vilagarcía depositou no contedor amarelo un total de 764,8 toneladas de envases lixeiros, o que supón un 11,5% máis en comparación co ano anterior. Na banda contraria atópase o papel-cartón, xa que a súa reutilización experimentou un descenso do 5% respecto ao ano 2019. Así, no seu conxunto, a recollida selectiva total aumentou case un 4% na cidade.

Nos meses de reclusión domiciliaria rexistráronse mínimos na recollida de cartón e papel. Pola contra, foron os meses de xaneiro, xuño e decembro os que computaron os máximos anuais.

No que respecta á recollida de envases lixeiros (envases de plástico e metal) a tendencia foi distinta. E é que foi en abril, en pleno confinamento, cando se alcanzou a cifra máis elevada de residuos depositados no contedor amarelo, con 72.180 quilos. Despois de abril, os meses nos que os a cidadanía de Vilagarcía reciclou máis envases lixeiros foron decembro, con 68.030 quilos, e agosto, con 60.030.

Desde o Concello valoran que “en Vilagarcía contribuímos cada vez máis ao bo costume de reciclar” en base á memoria do servizo de recollida selectiva que presta  Coregal para o  Concello.

Dende a Tropaverde estamos encantad@s de ver como as cifras de recollida selectiva aumentan un ano máis no Concello. Parabéns a tod@s polo esforzo e contribuir a un Concello máis responsable coa contorna e cos recurso do futuro a vir.

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando