A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN), renova a súa colaboración co proxecto Tropaverde.

Esta renovación dá continuidade ás accións emprendidas no marco da devandita colaboración e que perseguen impulsar e fomentar a correcta xestión dos pequenos aparellos eléctricos e electrónicos ( PAE) ao final da súa vida útil. Para conseguilo, grazas a esta colaboración, as persoas que depositen estes aparellos nos puntos habilitados para a súa recollida poderán conseguir estrelas  (que son os puntos  Tropaverde) e trocalos por premios e descontos nos establecemento colaboradores.


0cf63b70636442f5062943b66c7836fd0dfa5fda

Como resultado desta renovación, neste ano 2021, os establecementos asociados a  ADEN prorrogan o seu compromiso como puntos habilitados, onde a cidadanía pode facer entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos fóra de uso e recibir cheques con estrelas   Tropaverde.

Ademais,  ADEN seguirá premiando, un ano máis, as boas accións ambientais das persoas usuarias de  Tropaverde. Este premio consistirá en descontos inmediatos de 20€ en compras superiores a 100 euros de equipos eficientes, nos establecementos asociados a  ADEN e adheridos a Tropaverde nos concellos nos que esta iniciativa está implantada.

Para coñecer o tipo de eficiencia dun electrodoméstico, os compradores poderán consultar a etiqueta enerxética. Existen 7 clases de eficiencia identificadas por un código de cores e letras que van desde a cor verde e a letra A+++ para os equipos máis eficientes, ata a cor vermella e a letra D para os equipos menos eficientes.

Os de maior nivel de eficiencia e aos que se aplica o desconto da recompensa son os A+++, A++ e A+.

Lembrámosos establecementos adheridos no concello de Vilagarcía de Arousa: 

  • TIEN 21  IBELGA: Rúa López Ballesteros, nº 3
  •  CASTROMAN VILAGARCÍA: Rúa Manuel Antonio, nº 15
  • ACTIVA  TENDANOSA: Rúa Covadonga, nº 6
  • MILAR AROUSA: Rúa Juan Carlos I, nº 35

Tipo de residuos que se poden entregar nos establecementos asociados a  ADEN para conseguir ⭐Tropaverde.

A continuación indícanse os diferentes tipos de residuos que poden ser entregados nos establecementos asociados a  ADEN:

  • Pequenos aparellos (sen ningunha dimensión exterior superior a 50 cm). Estes aparellos divídense en tres categorías: mantemento do fogar, preparación de alimentos e hixiene e beleza, por exemplo:
    • Mantemento do fogar:
      • Ferro
      • Aspirador
      • Estufa
      • Ventilador

    • Preparación de alimentos:
      • Microondas
      • Máquina para licuar froita
      • Cafeteira
      • Torrador
      • Fritideira
      • Batedor
      • Robot de cociña

    • Hixiene e beleza:
      • Depiladora
      • Máquina de afeitar
      • Secador de pelo
      • Moldeador
      • Cepillo eléctrico
      • Ferro para o pelo
      • Tenaces rizadoras do cabelo


Entre todos e todas debemos promocionar a correcta xestión dos  RAEE e as tendas de electrodomésticos locais, cunha maior proximidade no trato e identidade e compromiso coa súa zona de influencia, ofrecendo un valor engadido e incorporando criterios sociais e ambientais que contribúen a fomentar  a Economía Social e Circular.


Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando