7 ideas para reducir os residuos en orixe

A miúdo falamos da importancia da “regra das tres erres”, que animan aos cidadáns para Reducir, Reutilizar e Reciclar. Multitude de iniciativas subliñan a importancia da reciclaxe, é dicir separar o lixo para facilitar a súa reciclaxe, e de como podemos reutilizar materiais, atopándolles unha nova utilidade ou dándollos a alguén que o necesite. Con todo, a primeira erre, a redución de residuos, é sen dúbida a máis importante para atallar o problema de raíz, xa que o mellor residuo é o que non se xera.

80e9ae66a2575bda19c546fa0babaa3f8f05e8ea
Artigo traducido ao galego dende Gestoresderesiduos.org
Imaxe: Agenlaku Indonesia

É vital centrarse especialmente na primeira das “tres erres” coa que buscan concienciar á poboación para reducir ao máximo posible a adquisición de materiais e, por tanto, consumir de maneira máis responsable evitando os residuos desde a súa orixe. Todos podemos contribuír á redución de residuos se, cada día, prestamos atención ás nosas accións. Aquí van unhas sinxelas prácticas fáciles de aplicar no día a día para reducir estes residuos desde a súa orixe:

  • Compar por xunto ou a granel sempre que sexa posible, adquirindo produtos con moi pouco ou ningunha embalaxe, e optando por envases familiares por encima dos individuais.
  • Utilizar bolsas de tea para facer a compra. Moitas delas pódense encartar comodamente ocupando moi pouco espazo e podéndose utilizar tantas veces como sexa necesario.
  • Elixir agasallos “non materiais”. Neste mundo no que estamos cargados de cousas, que mellor que optar por regalar experiencias como unha viaxe, unha cea, unha obra de teatro ou un concerto?
  • Usar o transporte público máis a miúdo para reducir o consumo de combustible e as emisións de CO2. No caso de que sexa indispensable coller o coche ou a moto, conducir de forma máis ecolóxica arrincando o motor sen pisar o acelerador, introducindo a segunda marcha aos 6 segundos aproximadamente, cambiando de marcha sen revolucionar o coche e mantendo sempre a marcha máis alta posible ou distribuíndo o peso no interior do coche de forma uniforme, evitando sempre que sexa posible o uso da baca, xa que este accesorio aumenta a resistencia ao aire do vehículo, incrementando así o consumo do carburante.
  • Recorrer a adhesivos “anti-publicidade” nas caixas de correos e pedir expresamente que as empresas nos envíen as súas facturas ou outras comunicacións por correo electrónico. A maioría de bancos e compañías de servizos básicos ofrecen esta posibilidade.
  • Vixiar a eficiencia enerxética nos fogares. Para iso debemos  graduar a temperatura do aire acondicionado e a calefacción ata niveis razoables, prestar atención ás etiquetas enerxéticas dos electrodomésticos que se compran, desenchufar os aparellos que non se utilicen e maximizar as cargas de lavadoras e lavalouzas.
Estes pequenos xestos teñen moi pouco impacto no noso día a día, pero contribúen notablemente á protección do medio ambiente. A prevención de residuos e unha mellor xestión dos mesmos farán que vivamos nun planeta máis limpo e sostible.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando