6 solucións innovadoras para xerar enerxía

As enerxías renovables continúan inspirando aos investigadores e científicos, que estudan a forma de que a produción de electricidade sexa cada vez máis verde e respectuosa co medio ambiente. Estas poderían ser algunhas das fontes de enerxía do mañá.

4e578ff017be2b99ad18f65826b47e34e969b2b2

Torio

Este mineral é visto como unha alternativa limpa ao uranio para a produción de electricidade nuclear, xa que ten infinidade de vantaxes nada desdeñables, como é por exemplo que atópase máis facilmente que ao uranio, que a súa combustión produce moitos menos residuos, que ademais poden reutilizarse ou que non serve para fabricar bombas nucleares.

Os seus partidarios denuncian que a supremacía do uranio é a que impediu o desenvolvemento de solucións baseadas no torio. De feito, aínda que en Europa e América do Norte non llo valora, China investiu masivamente en torio e é o material que emprega India nos seus reactores de terceira xeración.

Hidróxeno

As pilas de combustible impulsadas por hidróxeno tamén se atopan entre as principais solucións que se propuxeron e nas que se investiga activamente, para dar un xiro cara á sustentabilidade, especialmente no sector do transporte e a mobilidade.

Este elemento ten moitas vantaxes tales como que está presente en grandes cantidades no noso medio, que o subproduto da súa combustión é auga, que á súa vez por electrólise pode volver proporcionar hidróxeno, que non teñen emisións tóxicas e que acurta o tempo de reposición das baterías dun coche eléctrico.

Os inconvenientes son que o hidróxeno non existe en estado puro na natureza e necesita da adición de electricidade para producilo, para iso debería recorrerse a fontes de enerxías renovables. O seu almacenamento é voluminoso, debido a que hai que comprimilo e licualo, para economizar espazo.


Combustibles de CO2

Grazas a un novo proceso, un grupo de científicos logrou recuperar o dióxido de carbono e mesturouno con hidróxeno empregando electrólise baseada en enerxías renovables obtendo deste xeito metanol. Tras unha sintetización deste alcol conséguese un combustible altamente compatible con todos os vehículos. O equipo segue traballando para conseguir baixar os custos de produción e conseguir que sexa rendible.

Enerxía osmótica

O funcionamento dunha planta de enerxía osmótica baséase nun principio químico denominado ósmosis. Este fenómeno natural obsérvase cando dous volumes, un de auga pura e outro de auga cun disolvente de moléculas grandes, por exemplo, o sal, entran en contacto a través dunha membrana semipermeable. O intercambio molecular será maior desde o lado da auga doce cara ao da auga salgada.

A sobrepresión obtida grazas a este fenómeno permite enviar a auga a unha turbina, que xera electricidade. O potencial é enorme, especialmente para as nacións costeiras que poderían instalar estas plantas osmóticas nos estuarios, como xa o fixeron Xapón, Noruega e EEUU. O inconveniente por agora é o seu baixo rendemento.


Bioluminiscencia
A ciencia exponse desde hai anos o obxectivo de conseguir unha fonte de iluminación que prescinda da electricidade. E aparentemente a solución poderían ser as criaturas bioluminiscentes: aqueles organismos vivos que teñen células especializadas que lles permiten producir a súa propia luz, como é o caso dalgúns vermes, fitoplancto, peces, etc.

Esta bioluminiscencia débese a unha reacción química, que se produce entre unha encima denominada a luciferasa e unha proteína chamada luciferina. O obxectivo dos científicos é utilizar sistemas baseados na bioluminiscencia para iluminar as cidades, especialmente os parques públicos e os lugares onde a luz eléctrica poida resultar daniña para o medioambiente.

Artigo de Ecoticias traducido ao galego. Consulta aquí o orixinal.
Foto de Anete Lusina en Pexels
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando