10+1 ECO regalos para o Día da Nai (ou para calquera outro día)
Conta atrás para o Día da Nai… Ese primeiro domingo de maio que aparece da nada e nos pilla a tant@s sen un detalliño para agradecerlle a esas persoas tan especiais das nosas vidas todo o que fan por nós.
Dende a Tropaverde queremos botarche unha man. A ti, que sabemos que che preocupa o medio ambiente, e que queres contaxiar ás persoas do teu redor desta misma concienciación. Porque por moi ecoloxista que sexas... A quen non lle presta un detalliño?
Por iso, hoxe traémosche algunhas ideas de regaliños económicos e ecolóxicos que poidas conseguir a última hora pero que transmitan todo o teu agradecemento e cariño. Aí van:
1. Convídaa a almorzar ou a merendar á vosa cafetería favorita ou preparar algo especial na tranquilidade do fogar.
2. Mércalle unha botella reutilizable no comercio local para que reduza a cantidade de residuos plásticos e teña sempre de man para levar ao traballo, ao ximnasio, de paseo...
3. Ese libro que che parece que lle pode gustar ou que saibas que ten pensado mercar.
4. Cinéfinal? Regálalle unha suscripción mensual a unha plataforma online que aínda non probase.
5. Uns xabóns artesáns da terriña nunca fallan e de seguro o atoparás nalgún pequeno comercio da vila.
6. Se es un artista en potencia… Regálalle unha ilustración enmarcada feita por ti. Vaille encantar e colocaráa no estante máis visible da casa.
7. Se te manexas coa agulla… Aproveita algunhas teas que teñas polo casa e faille un saco da compra (tote bag) personalizado.
8. Se estás lonxe… Mándalle unha carta con algunha fotografía familiar que vos lembre a unha época especialmente bonita. A quen non lle fai ilusión recibir correo postal? (A estas alturas chegará tarde, pero faino igual.)
9. Aproveita que aínda non da marchado o frío… Baixa á tendiña do barrio e mércalle unha mantiña destas quentes para o sofá.
10. Unha planta! Na súa floristería de confianza, seguro que che poden recomendar algo que aínda non teña.
BONUS! Rexístraa na plataforma da Tropaverde e introdúcea a todas as vantaxes de formar parte desta comunidade verde!
E sobre todo, non precuparse. Decídaste polo que te decidas, o importante é compartir tempo xunt@s e facerlle chegar todo o noso agradecemento por todo o que fan por nós. Este 2 de maio e cada día.
Preciosa fotografía de Cristian Newman.