#XulloSenPlástico - Sorteo!

Quen?

Para tod@s os públicos! Implica á familia e ás amizades para idear xunt@s!

Como?

  • Fainos chegar as túas imaxes de filosofía "libre de plástico" a través das redes sociais. Etiquétanos ou menciónanos e engade o cancelo #xullosenplástico.
  • Ideas:  fainos chegar imaxes da túa compra libre de plástico, de alternativas que empregues no teu día a día (botella reutilizable, o teu vaso reutilizable onde pides que che poñan o café para levar)... Canto máis orixinais, mellor! Pensa que estarás inspirando a toda unha comunidade!
  • Canto máis contido compartas, máis posibilidades terás de gañar!

Cando?

Dende o 1 ata o día 30 de xullo de 2021.

Onde?

A través de redes sociais da Tropaverde.

Premio

Sorteamos 3 cheques Gadis por valor de 10€ !! 

Este mes unímonos ao reto de "Xullo sen plástico" do movemento #PlasticFreeJuly. Aprende connosco como reducir de xeito sinxelo o plástico da túa vida!

Os ecosistemas que nos rodean precisan a nosa axuda! Reducir o plástico das nosas vidas é un xeito de axudar á transformación verde que precisamos para a saúde de tod@s.

Sabías que...
 - O plástico que vemos na superficie dos océanos é só un 15% do total ?
 - Cada ano, cen mil mamíferos mariños e un millón de aves mariñas morren pola inxesta de plástico; outros morren por enredos, asfixia, estrangulación ou desnutrición por estes refugallos. 
 - Os obxectos de plástico que chegan ao medio mariño tardan entre décadas e centos de anos en degradarse. Non conseguen desaparecer, convértense en microplásticos,  causantes de outro problema ambiental.


Condicións: 
  • Será preciso estar rexistrad@ na plataforma Tropaverde para recibir o cheque Gadis.
  • Para poder participar é preciso que sigas as instruccións e nos etiquetes/menciones e así poidamos contabilizalo.
  • Divírtete participando e aprendendo da comunidade da Tropaverde! Non busques a perfección, só a mellora contínua e compartir ideas!

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando