Consellos para un Nadal máis sustentable
![](/system/new_campaigns/campaign_photos/000/000/008/original/5053dc0f03d8d89c0179061e3035cbd3894248b8.png?1576494864)
As nosas decisións teñen impacto na nosa contorna
En Nadal somos sobre todo consumidores e as nosas decisións de compra teñen impacto directo na nosa contorna. Comprar en función das necesidades ou ben por impulsos; elixir produtos de proximidade ou artigos chegados desde o outro extremo do mundo; ser coidadosos cos residuos ou tomarse «vacacións» á hora de reciclar; reutilizar, conxelar, aproveitar... ou botar o que sobra ao lixo sen dubidar un segundo son disxuntivas que poden facer que o noso nadal sexa sustentable e responsable ou todo un malgaste de recursos e enerxía. Evitar o segundo é moito máis sinxelo do que parece e só require un pouco de atención aos pequenos xestos.