Aprende coa Tropaverde!
Reutiliza materiais da túa casa
Cantos máis obxectos volvamos reutilizar menos lixo produciremos e menos recursos teremos que gastar!
Procedemento:
Como se observa na imaxe pódense reutilizar todo tipo de materiais que atopemos polas nosas casas. Aquí vos deixamos unha serie de exemplos:
- Flores con caixas de ovos e un pau de brocheta, por exemplo
- Pingüín con iogur bebible
- Estrela con rolos de papel hixiénico ou de cociña
- Maceteiro con forma de gato ou piña cunha botella de plástico
- Cazabolas cunha botella de plástico e un cordel onde se ata a tapa (bola)
- Gusano, araña e morcego con caixas de ovos
- Pulseiras con botellas de plástico e esmaltes de uñas (para un mellor acabado derretir os bordes coa plancha, coidado que queima)
- Trofeo con vasos de papel
- Coello ou pito con rolos de papel hixiénico
E TODO O QUE SE VOS OCURRA!!
FUNDAMENTO TEÓRICO:
Reutilizar é a acción que permite volver utilizar os bens ou produtos refugados e darlles un uso igual ou diferente a aquel para o que foron concibidos. Este proceso fai que cuantos máis obxectos volvamos reutilizar menos lixo produciremos e menos recursos teremos que gastar.